jueves, 30 de abril de 2020

RETO 47: SALTA COA CORDA


Bo día deportistas!

Hoxe propoñemos un Reto con corda, é dicir, que utilicedes unha corda e aprendades diferentes tipos de saltos, desenvolvendo así a vosa coordinación dinámica xeral. Ademais, cando consigades dominar un pouco a técnica, melloraredes tamén a vosa resistencia e a forza explosiva, moi necesaria nos deportes e actividades de velocidade. 

Se non tedes corda, podedes probar a construír unha corda con tiras de bolsas de plástico, utilizando unha unión tipo "trenza". Se non tedes espazo, sempre nos quedará utilizar a "corda imaxinaria". 

DIY: cuerda reciclada para saltar a la comba
Cómo hacer una cuerda para jugar brinca la cuerda ...

O salto con corda é unha habilidade que utilizaredes tamén máis adiante na área de Educación Física. Mirade que propostas vos traen algún estudiantes da ESO. Ao mellor, xa podedes facer algunha: 



¿Cantos saltos podedes dar en 1 minuto?
¿Podedes saltar cara atrás?
¿Podedes saltar a 1 perna?

Cando se domina a corda individual, a corda dobre é unha opción moi vistosa e divertida para facer en grupo. Mirade o que fan estes nenos e nenas da Escuela de Salto de Comba de Cheste (Valencia).




Unha aperta saltaríns!

No hay comentarios:

Publicar un comentario