Bo día rapazas e rapaces:
Hoxe achegamos un Reto de Baloncesto, con 30 desafíos de control de balón e pase. Con isto, melloraremos a nosa coordinación óculo-manual e percepción espazo-temporal, habilidades moi importantes para o noso desenvolvemento e para a realización de moitas tarefas da vida cotiá.
Eu realicei as tarefas no salón da casa, porque non teño moito espazo. Se tedes maior superficie para xogar e algunha persoa que vos poida botar unha man, pois moito mellor!
Ahí vai o vídeo con algunhas ideas!
Anímovos a escoller ou crear 10 exercicios diferentes.
Unha aperta grande baloncestistas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario