Bo día ximnastas!
O
acrosport ou ximnasia acrobática é unha modalidade deportiva que
consiste en realizar figuras ou pirámides en grupo, incluíndo
elementos de forza, flexibilidade e equilibrio.
Ao comezo do segundo trimestre, na unidade 6, vimos o Acrosport e fixemos figuras por parellas, en grupos de 3 e en grupos de 4.
Se tedes a opción, podedes repasar coa vosa familia, algunhas das figuras vistas nas sesións. Lembrade realizar ben os apoios, manter o equilibrio durante 5 segundos e realizar as figuras despacio e de forma controlada.
Achegamos o Semáforo de acrosport, que consiste en realizar figuras de menor a maior complexidade:
E tamén un enlace coas fichas utilizadas nas clases, por se queredes intentar algunha:
Unha aperta ximnastas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario