Bo día deportistas!
Xa estiven vendo os vídeos que algúns me mandástedes disfrutando e facendo exercicio ao aire libre. Alégrome moito de que o aproveitarades ben.
Achégovos un Reto de mobilización de todas as articulacións do noso corpo. Moitos destes exercicios poden ser utilizados no quecemento xeral, para preparar o noso corpo para un deporte ou actividade que vamos a facer despois e así previr lesións. Da mesma forma, tamén nos valen para desentumecer o corpo estes días, xa que pasamos máis tempo do normal sentados ou sen poder realizar tanta actividade física.
Por certo, hoxe 28 de abril é o día da Educación Física na rúa. Anímovos especialmente hoxe a realizar algún dos retos propostos.
Un saúdo atletas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario