Bo día atletas:
En relación co reto anterior de habilidades ximnásticas, presentamos un vídeo con exercicios para mellorar o noso Equilibrio Invertido (Pino).
É unha habilidade que require tempo e constancia para acadar a forza e poder manter o noso peso corporal sobre os nosos brazos. Os músculos teñen que estar suficientemente tonificados para poder manter esa posición de forma estable.
Presentamos un vídeo con exercicios que nos van a axudar a acadar maior tonicidade corporal e mellorar o noso equilibrio invertido, axudando tamén a ter unha postura máis saudable.
Son exercicios con diferentes apoios de mans e de pés. Podedes utilizar unha colchoneta, unha parede que poidades utilizar, un sofá e dúas cadeiras. Podedes facelo sen calzado, de feito é moito mellor para mellorar nos equilibrios.
Ánimo ximnastas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario