viernes, 19 de junio de 2020

RETO FINAL: GINCANA DE VERÁN

Bo día deportistas:

Ante todo quería agradecervos a vosa colaboración durante estas semanas dentro dunhas condicións moi difíciles para tod@s.

Espero que pasedes unhas vacacións de verán inolvidables e que aproveitedes o tempo para pasalo moi ben e aprender xogando.

Aproveito para achegarvos unha proposta de gincana con 10 probas. Con cada proba superada conseguiredes unha letra que dará lugar a unha mensaxe final.

Unha grande aperta pequenxs corremontes!

GRAZAS FAMILIAS!


domingo, 14 de junio de 2020

RETO 82: CREA 1 MERENDA SAUDABLE


Bo día atletas! 

Hoxe propoñemos que diseñedes un prato de merenda saudable. Ben sabedes que é recomendable facer polo menos 5 comidas ao día e tamén inxerir 5 pezas de froita ao día, para crecer sans e fortes. 

Ahí van algunhas ideas de merenda saudable. Enviaredes unha foto coa vosa proposta?











Una aperta deportistas equilibrad@s! 


viernes, 12 de junio de 2020

RETO 81: 1 SALTO E 1 EQUILIBRIO


Bo día pequenxs saltamontes: 

Propoñemos que enviedes un vídeo dun  salto e dun equilibrio que elixades. Podedes buscar algún recurso que atopedes no exterior, dando algún paseo. Lembrade, sempre de forma SEGURA.

Ahí van as miñas aportacións: 








Unha aperta deportistas!

lunes, 8 de junio de 2020

RETO 80: RETO PERSOAL AO AIRE LIBRE



Bo día atletas!

Hoxe propoñemos que elixades un reto, dos anteriormente propostos ou algún que queirades demostrar.

Eu achégovos o meu Reto de Domingo fotográfico: 

1. Carreira pola beira do Río Miño, en Ourense ( e rexistro coa aplicación Strava):












Entendedes os datos que ahí aparecen?

2. Sendeirismo pola Ribeira Sacra (Ourense), que, se non a coñecedes, é moi recomendable visitar. 








E, por último, sempre hai tempo para facer algún vídeo simpático para lembrar o día (sempre con seguridade): 






Unha aperta deportistas!

Never stop exploring!


domingo, 7 de junio de 2020

RETO 79: AUTOCARGA - DIFÍCIL


Por último, achegamos unhas rutinas de autocarga máis complexas: 











Unha aperta grande! 

A seguir movéndose!



RETO 78: AUTOCARGA - INTERMEDIO



Continuamos con máis retos de autocarga, un pouco máis complexos: 


















Para que intentedes algún máis!

Unha aperta!

RETO 77: AUTOCARGA - FÁCIL


Bo día deportistas:

Hoxe achegamos unhas fichas de exercicios de autocarga, é dicir, exercicios de forza co propio peso corporal. 

Comezamos co nivel fácil. 


















A recomendación de número de series e tempo de descanso, é o que normalmente fai unha persoa adulta. Vós podedes elexir algúns exercicios e intentar algunha repetición. 

Ánimo deportistas!

martes, 2 de junio de 2020

RETO 76: BREAK OUT P.E.


Bo día atletas: 

Hoxe achegamos un recurso que me pareceu interesante. Un escape room de educación física. A ver que vos parece. Ahí vai o enlace: 


https://view.genial.ly/5ed4b26408b6410db828613b/game-breakout-escape-room-educacion-fisica

Que teñades un bo día e a mover ese corpo!

lunes, 1 de junio de 2020

RETO 75: APP WALK OR RUN


Bo día pequen@s corremontes!

Hoxe achegamos 2 aplicacións móbiles que resultan interesantes para rexistrar unha sesión de exercicio físico, camiñando, en bicicleta ou correndo. Eso sí, temos que levar con nós o dispositivo móvil durante o percorrido.

OPCIÓN 1: RELIVE

Esta aplicación rexistra o percorrido que fixechemos e ao rematar aporta un vídeo aéreo do mesmo. Pódense engadir fotos do percorrido. Se pinchades no enlace, podedes obter máis información da aplicación. 





OPCIÓN 2: STRAVA

Rexistra o percorrido e permite comparar os tempos con outros atletas que fixeron ese mesmo segmento ou percorrido nalgún momento. 



Por exemplo, eu onte fixen un percorrido coa bici e esta é algunha información que nos pode aportar ao rematar a sesión: 



Podedes intentar descargar a aplicación e grabar unha ruta ou paseo que fagades estos días. 

Unha aperta!



RETO 74: ECOS RÍTMICOS


Bo día atletas!

Hoxe presentamos unha proposta de ecos rítmicos, axudando a desenvolver o ritmo, a coordinación e a percepción espazo-temporal. A ver se sodes capaces de facelo. 


Que teñades un bo día!