Bo día atletas!
Hoxe achegamos un divertido reto con un "toque" de Matemáticas e Educación artística. Trátase de facer 10 exercicios coas súas repeticións, que van aumentando de 10 en 10.
Primeiro, temos que debuxar, con axuda dunha regra o noso contador de repeticións. Podededes diseñar o voso propio contador. Eu fixen o meu así:
Despois, colocamos o noso contador nunha mesa con cores. Utilizaremos unha cor, para cada nivel. Conforme vaiamos facendo niveis, iremos coloreando as repeticións que completamos.
Aceptades o Reto?
Podedes mandar unha foto do voso contador persoalizado.
Unha aperta campioas e campións!
No hay comentarios:
Publicar un comentario