RECOMENDACIÓNS PARA FACER EXERCICIO DE FORMA
CORRECTA
- Utiliza roupa e calzado deportivo.
- Colle unha toalla e auga.
- Faino sobre unha superficie limpa e cómoda.
- Realiza exercicios de mobilidade e quecemento ao comezo.
- Remata con algúns estiramentos progresivos.
- Estos exercicios están indicados para persoas sen lesións ou patoloxías.
- Nunca ten que haber dor. Se che doe, para.
- Cando fagas sentadillas, os xeonllos non deben sobrepasar a punta dos pés.
- Fai as mesmas repeticións coa dereita que coa esquerda.
- Se algún membro da familia fai os exercicios, coidado cos saltos a as hernias discais.
- É mellor facer menos repeticións e e ben feitas, que facelas deprisa e con mala postura.
- Axúdate do sofá, da parede ou dunha cadeira para manter mellor os equilibrios.
- Acompaña os exercicios cunha boa respiración: Inspira (colle aire) e Espira (solta aire).
- Mantén a espalda recta e ben colocada.
- Non realices exercicio xusto despois de comer, deixa un tempo para a dixestión.
- Ao rematar, aplica os hábitos de hixiene e aseo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario