martes, 14 de abril de 2020

RETO 31: RETO MÚLTIPLE: 10 miniretos

Bo día rapaces e rapazas:

Hoxe achegamos un reto múltiple, é dicir diferentes miniretos, só para verdadeir@s deportistas e "cabezotas": 

1. Equilibrio con 2 paus de vasoira horizontais e 1 balón. 

2. Equilibrio de man con 1 pau de vasoira vertical. 

3. Equilibrio de 1 prato de papel con 1 pau de vasoira vertical. 

4. Habilidade ximnástica no sofá: Remonte atrás.

5. Toque de vaso para poñelo de pé.

6. Passing de malabares ca parede con 2 rollos de papel hixiénico. 

7. Equilibrio con rollos de papel: Levantarse con eles na cabeza. 

8. Voleibol: Toques de antebrazos.

9. Fútbol: Toques co pé. 

10. Lanzamentos de Precisión con calcetíns. 


Imos supoñer que cada reto vale 1 punto. Lograredes os 10? 

Vamos a intentalo! 

Unha aperta grande!



No hay comentarios:

Publicar un comentario