Bo día atletas!
Hoxe achegamos un reto de Forza con garrafas de auga de 5 l. Ainda que cada un, pode poñer o peso que desexe, se lle resulta demasiado. Así tamén traballades as unidades de capacidade e masa (litros e kilogramos, se é auga o que hai dentro).
Propoñemos unha serie de exercicios para facer. Vós, podedes elexir 10, escribíndoos nun papel e logo, coa vosa música, intentar facer entre 10 e 15 repeticións. Se non tedes garrafas de auga na casa, tamén podedes utilizar 2 libros con algo de peso.
Un saudiño! Xa queda menos para disfrutar do aire libre!
No hay comentarios:
Publicar un comentario