Bo día:
Hoxe presentamos un reto de Iniciación á Capoeira, un baile brasileiro que combina danza con artes marciais.
Realízase descalzos entre 2 persoas que simulan un combate, pero que nunca chegan a tocarse.
Combina movementos de coordinación, forza, equilibrio e flexibilidade. Podedes poñer en Spotify unha lista con música específica de capoeira e intentar facer os movementos fundamentais:
Aquí tedes un exemplo de 2 clases de Capoeira Infantil:
Os instrumentos da Capoeira son:
Da mesma forma que nos deportes de combate, tamén utilizan e levan posto na cintura, un cinturón ou corda de cores, que indica o nivel do practicante.
Podedes elaborar a vosa propia corda de capoeira con bolsas de plástico (cortar en tiras e logo ir facendo un nudo tipo trenza):
Ahí vai o vídeo da profe practicando. Eu non teño moito sitio, así que adapto un pouco os movementos ao espazo do que dispoño. Primeiro é necesario mobilizar ben todas as articulacións e sempre realizar un pequeno quecemento. Poñede música e a practicar! É moi divertido!
Vamos Capoeiristas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario