O quecemento deportivo é un conxunto de exercicios para mobilizar músculos e articulacións dun modo gradual e progresivo, coa finalidade de preparar o organismo para un mellor rendemento físico e para tentar evitar posibles lesións deportivas.
Que nos pasa cando realizamos os exercicios de quecemento?
O ritmo do corazón e a respiración aumenta. Iso seguramente é o principal signo de que o corpo se está adaptando ó
esforzo progresivo ó que se ve sometido. Por outro lado, os músculos comezan a funcionar de xeito máis eficiente, xa
que chegan a eles máis nutrientes é osíxeno. As contraccións musculares vólvense máis fluídas e eficientes. Do mesmo
xeito, o funcionamento das articulacións vese tamén favorecido polo mesmo motivo: o movemento provoca un aumento
da lubricación nas articulacións o que favorece unha maior mobilidade articular.
Pero non so temos unha mellora orgánica cando realizamos un quecemento. As nosas habilidades coordinativas e
técnicas tamén melloran. Isto sucede porque, o cerebro tamén se ve afectado deste proceso e unha das consecuencias
é que o individuo se centra mellor nas tarefas que está realizando e que posteriormente vai a realizar. Isto chámase
focalización da atención.
Unha vez rematado o quecemento, si está ben realizado, estaremos en condicións de afrontar os retos deportivos que
teñamos en fronte, nas mellores condicións que o noso nivel de rendemento nos permita.
Que exercicios podemos incluír no quecemento?
1. Mobilidade articular: Utilízanse movementos das
principais articulaciónsseguindo unha orde lóxica, ben ascendente ou descendente (nocellos, xeonllos, cadeira,
etc).
2. Desprazamentos: dirixido a provocar que os músculos cheguen a unha mínima temperatura para poder realizar
outras tarefas máis esixentes. Utilízanse diversos exercicios onde o desprazamento é o elemento principal:
carreira continua, pasillos, oleadas,...
3. Xogos de activación: a través da proposta de xogos que permitan unha participación global e de máis alta
intensidade das diferentes estruturas corporais.
4. Estiramentos: manterse nunha posición de 10 a 20 segundos sen chegar a ningún tipo de dor. Para evitar a lesión,
non se deben facer rebotes nin movementos bruscos.
5. Quecemento específico: segundo o tipo de actividade ou deporte para o que esteamos quentando, haberá que
dedicar unha parte do quecemento a facer xestos que se parezan ós da actividade ou deporte en cuestión.
ACTIVIDADE:
1. Escribe nun folio unha proposta de quecemento con, mínimo 10 exercicios diferentes.
ASÍ QUE XA SABES, ANTES DE COMEZAR A FACER EXERCICIO...
QUENTA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario