lunes, 13 de abril de 2020

RETO 30: PROBA DE RESISTENCIA 20 MIN

Bo día pequenos corremontes:

Hoxe presentamos un reto de resistencia de 20 min, para comprobar cal é a vosa capacidade de vencer á fatiga ou ó cansancio. Presentamos un vídeo con 40 exercicios de 30 segundos que podemos facer na casa. Obviamente, se as condicións foran outras, poderíamos mellorar a nosa resistencia con outras actividades como: patinar, correr, andar en bici, nadar, etc. Pero dada a situación actual, plantexamos actividades que podamos facer nun pequeno espazo da casa. 



O reto ten unha duración de 20 minutos. Podedes ver ata qué minuto ou ata qué exercicio sodes capaces de chegar sen parar. No vídeo alternamos exercicios de forza co noso peso corporal, con diferentes exercicios de Skipping (carreira no sitio).

Ánimo!







No hay comentarios:

Publicar un comentario