Bo día deportistas:
Hoxe achegamos o noso primeiro HIIT ou TABATA Training. Trátase de facer 8 exercicios o máis rápido posible, durante 20 segundos cada un deles e descansando 10 segundos entre exercicios. Os exercicios propostos son estes:
Con esta dinámica, melloraremos a nosa resistencia á velocidade, intentando facer o maior número de repeticións o máis rápido posible (sen perder unha boa execución e postura correcta).
Se queredes, podedes contar as repeticións que sodes capaces de facer nese tempo e anotalas.
Podedes entrar na páxina web https://www.tabatatimer.com/ e darlle a start, para que vos vaia marcando os tempos.
Normalmente, realízanse 3 voltas ou rondas (series). Achégovos o vídeo dunha ronda (1 serie) e logo se queredes podedes repetilo outras 2 veces. Eu marquei con cinta no chan a distancia de 1m, para facer os saltos. Tamén empreguei unha colchoneta para apoiar as mans e xeonllos nalgún exercicios.
Ánimo Pituf@s!
Muchas gracias María, mola mucho. Para papis y profes también..jeje
ResponderEliminarGracias! Un saudiño!
Eliminar