jueves, 30 de abril de 2020

RETO 47: SALTA COA CORDA


Bo día deportistas!

Hoxe propoñemos un Reto con corda, é dicir, que utilicedes unha corda e aprendades diferentes tipos de saltos, desenvolvendo así a vosa coordinación dinámica xeral. Ademais, cando consigades dominar un pouco a técnica, melloraredes tamén a vosa resistencia e a forza explosiva, moi necesaria nos deportes e actividades de velocidade. 

Se non tedes corda, podedes probar a construír unha corda con tiras de bolsas de plástico, utilizando unha unión tipo "trenza". Se non tedes espazo, sempre nos quedará utilizar a "corda imaxinaria". 

DIY: cuerda reciclada para saltar a la comba
Cómo hacer una cuerda para jugar brinca la cuerda ...

O salto con corda é unha habilidade que utilizaredes tamén máis adiante na área de Educación Física. Mirade que propostas vos traen algún estudiantes da ESO. Ao mellor, xa podedes facer algunha: 



¿Cantos saltos podedes dar en 1 minuto?
¿Podedes saltar cara atrás?
¿Podedes saltar a 1 perna?

Cando se domina a corda individual, a corda dobre é unha opción moi vistosa e divertida para facer en grupo. Mirade o que fan estes nenos e nenas da Escuela de Salto de Comba de Cheste (Valencia).




Unha aperta saltaríns!

miércoles, 29 de abril de 2020

RETO 46: RETOS CON GLOBOS OU GUANTES


Bo día conquistadorxs de novos retos!

Hoxe achegamos Retos con globos. Se non tedes, podedes utilizar guantes de látex tamén. En función do aire que lle metades, voará máis ou menos, e será, por tanto, máis ou menos difícil de controlar.

1º Inchar o globo ou guante.
2º Intentar atar o globo.
3º Intentar os retos, facendo 5-10 repeticións. 



Podedes facerlle un nó (nudo) que se poida desfacer, para poder reutilizar o globo ou o guante. 

Ahí vai o vídeo artistas!



Un saúdo!


martes, 28 de abril de 2020

RETO 45: MOBILIDADE ARTICULAR


Bo día deportistas!

Xa estiven vendo os vídeos que algúns me mandástedes disfrutando e facendo exercicio ao aire libre. Alégrome moito de que o aproveitarades ben.

Achégovos un Reto de mobilización de todas as articulacións do noso corpo. Moitos destes exercicios poden ser utilizados no quecemento xeral, para preparar o noso corpo para un deporte ou actividade que vamos a facer despois e así previr lesións. Da mesma forma, tamén nos valen para desentumecer o corpo estes días, xa que pasamos máis tempo do normal sentados ou sen poder realizar tanta actividade física. 






Por certo, hoxe 28 de abril é o día da Educación Física na rúa. Anímovos especialmente hoxe a realizar algún dos retos propostos. 


Un saúdo atletas!

lunes, 27 de abril de 2020

RETO 44: COLLE 2 LIBROS


Bo día atletas!

O reto de hoxe consiste en facer exercicios de mobilidade e forza con 2 libros. Estades preparad@s? Seguro que o paseíño de onte vos sentou moi ben, verdade? Podedes escoller ou crear 10 exercicios e facer 10 repeticións de cada un. 





Unha aperta grande pequen@s investigadorxs!


domingo, 26 de abril de 2020

RETO 43: UTILIZA 1 TOALLA


Bo día pequenos corremontes:

Hoxe achegamos diferentes Retos con 1 toalla. Principalmente son exercicios de mobilidade e equilibrio. Eu recompilei algúns exemplos que podededes facer, pero podedes crear ou poñer en práctica algunha idea ou exercicio que se vos ocurra (sempre con seguridade). 







Podedes realizar 10 exercicios de 5 repeticións?

Disfrutade hoxe de ese paseo ao aire libre!








sábado, 25 de abril de 2020

RETO 42: REPRESENTA INSTRUMENTOS


Bo día deportistas!

Hoxe achegamos un simpático Reto de representación de instrumentos, vinculado coa Unidade 2 de Expresión corporal, vista no primeiro trimestre. 

Propoño que representedes ou creedes algún instrumento musical. A idea é que, se participades vari@s, podemos despois xuntar todas as aportacións e facer un video. Podedes caracterizarvos como queirades. 

A modo de exemplo, eu fixen algúns:



Vos atrevedes? 

Unha aperta grande!

viernes, 24 de abril de 2020

RETO 41: RETO DE 10 EN 10


Bo día atletas!

Hoxe achegamos un divertido reto con un "toque" de Matemáticas e Educación artística. Trátase de facer 10 exercicios coas súas repeticións, que van aumentando de 10 en 10

Primeiro, temos que debuxar, con axuda dunha regra o noso contador de repeticións. Podededes diseñar o voso propio contador. Eu fixen o meu así: 






Despois, colocamos o noso contador nunha mesa con cores. Utilizaremos unha cor, para cada nivel. Conforme vaiamos facendo niveis, iremos coloreando as repeticións que completamos.




Aceptades o Reto? 

Podedes mandar unha foto do voso contador persoalizado. 

Unha aperta campioas e campións!






jueves, 23 de abril de 2020

RETO 40: SEMÁFORO DE ACROSPORT


Bo día ximnastas!



O acrosport ou ximnasia acrobática é unha modalidade deportiva que consiste en realizar figuras ou pirámides en grupo, incluíndo elementos de forza, flexibilidade e equilibrio.

Ao comezo do segundo trimestre, na unidade 6, vimos o Acrosport e fixemos figuras por parellas, en grupos de 3 e en grupos de 4. 

                              Preparando la Navidad. – Juego y movimiento                    


Se tedes a opción, podedes repasar coa vosa familia, algunhas das figuras vistas nas sesións. Lembrade realizar ben os apoios, manter o equilibrio durante 5 segundos e realizar as figuras despacio e de forma controlada. 

Achegamos o Semáforo de acrosport, que consiste en realizar figuras de menor a maior complexidade: 







E tamén un enlace coas fichas utilizadas nas clases, por se queredes intentar algunha: 



Unha aperta ximnastas!




miércoles, 22 de abril de 2020

RETO 39: DESPRAZAMENTOS

Bo día pequen@s investigadorxs: 


Hoxe achegamos un reto con diferentes desprazamentos coordinativos, moitas veces utilizados nos quecemento xeral de diferentes actividades deportivas. 


Mándovos unha forte aperta e moito ánimo que xa queda menos para poder saír fóra da casa. A seguir conseguindo novos obxectivos! Estádelo facendo Xenial!






Vémonos pituf@s!


martes, 21 de abril de 2020

RETO 38: SACA A TÚA MOCHILA



Bo día pequenos deportistas:


Hoxe achegamos un Reto coa mochila do colexio, con algún libro ou libreta dentro. En primeiro lugar, temos que axustar a mochila a nosa espalda, coas correas que normalmente teñen aos lados. Tendo en conta isto, a mochila non debería moverse da nosa espalda (das nosas costas).

Faremos diferentes exercicios para mellorar a nosa forza, sempre mantendo a espalda recta e a mochila ben colocada. 

Queredes intentalo?



Por certo, moi ben eses retos que me estades mandando!

Sodes unhas campioas e campións!

lunes, 20 de abril de 2020

RETO 37: DEPORTES E RISAS NA CASA



Bo día deportistas!


Hoxe achegamos un Reto de Xogos e deportes na casa. Todo dependerá un pouco das vosas posibilidades, sendo o máis importante sempre a vosa seguridade. Non quere dicir que teñades que probar todas as ideas. Hai diferentes niveis de habilidade motriz. Sempre con coidado e con supervisión dunha persoa adulta. 



Ahí vai un vídeo para que vos botedes unhas risas: 



Serías capaz de representar 5 xogos ou deportes?

domingo, 19 de abril de 2020

RETO 36: SACA AS TÚAS ZAPATILLAS


Bo día pequenos saltamontes:


Hoxe achegamos un Reto con zapatillas. En primeiro lugar, antes de nada, unha pregunta:

SABES ATAR OS CORDÓNS DAS TÚAS ZAPATILLAS?

Porque se a resposta é non, quizais sería un bo momento para practicar todos os días e conseguir facelo. 

En segundo lugar, compartimos un video con diferentes retos, utilizando calzado que teñades na casa, combinando desprazamentos, saltos, lanzamentos e equilibrios:




Ahí vai un video demostrativo: 



Poderás facelo?





sábado, 18 de abril de 2020

RETO 35: BASKETBALL


Bo día rapazas e rapaces:


Hoxe achegamos un Reto de Baloncesto, con 30 desafíos de control de balón e pase. Con isto, melloraremos a nosa coordinación óculo-manual e percepción espazo-temporal, habilidades moi importantes para o noso desenvolvemento e para a realización de moitas tarefas da vida cotiá. 



Eu realicei as tarefas no salón da casa, porque non teño moito espazo. Se tedes maior superficie para xogar e algunha persoa que vos poida botar unha man, pois moito mellor! 


Ahí vai o vídeo con algunhas ideas! 





Anímovos a escoller ou crear 10 exercicios diferentes.

Unha aperta grande baloncestistas!

viernes, 17 de abril de 2020

RETO 34: ROLOS DE PAPEL HIXIÉNICO


Bo día deportistas!

Hoxe propoñemos Retos con rolos de papel hixiénico. Eu metín cada rolo nunha bolsiña de plástico, para que non se estropee. 


Aquí vai un resumo con 15 exercicios: 


Tamén podes crear os teus retos. 

Serás capaz de facer 10 retos diferentes?



Un saúdo!

jueves, 16 de abril de 2020

RETO 33: FORZA NO SALÓN

Bo día atletas!

Hoxe achegamos unha proposta de Retos de forza, utilizando elementos que podemos ter no salón da nosa casa. 

Ahí vai un resumo con algúns exercicios: 



E agora o vídeo demostrativo con propostas e variantes:




Poderedes facer polo menos 10 exercicios de 10 repeticións?

Unha aperta grande!


miércoles, 15 de abril de 2020

RETO 32: VELOCIDADE DE REACCIÓN E AXILIDADE

Ola pequen@s corremontes!

Espero que esteades levando ben todos estes días de confinamento e que aproveitedes para facer diferentes actividades coa familia. Xa nos queda menos para poder saír e volver a normalidade. 

Hoxe achegamos retos de velocidade de reacción e axilidade: 





Para iso, outra persoa, tería que dicirvos diferentes tipos de sinais de saída, e vós, intentar facer a actividade, ou o circuíto, o máis rápido posible e saíndo no menor tempo posible. 

Podedes variar as posicións de saída e tarefa a realizar. No meu caso, fíxeno no salón. Se dispoñedes de maior distancia, APROVEITADE!

No vídeo empreguei: 

- Pau de vasoira. 
- Cortina vella. 
- Cadeiras - Sillas. 
- Sofá. 
- Vasos con números de cores con plastilina. 
- Témperas de cores. 
- Garrafas de auga. 
- Rollos de papel hixiénico e pelota de papel. 
- Cinta no chan. 


Ahí vai o vídeo con algunhas ideas de actividades para mellorar a velocidade e axilidade. 


Unha aperta!

martes, 14 de abril de 2020

RETO 31: RETO MÚLTIPLE: 10 miniretos

Bo día rapaces e rapazas:

Hoxe achegamos un reto múltiple, é dicir diferentes miniretos, só para verdadeir@s deportistas e "cabezotas": 

1. Equilibrio con 2 paus de vasoira horizontais e 1 balón. 

2. Equilibrio de man con 1 pau de vasoira vertical. 

3. Equilibrio de 1 prato de papel con 1 pau de vasoira vertical. 

4. Habilidade ximnástica no sofá: Remonte atrás.

5. Toque de vaso para poñelo de pé.

6. Passing de malabares ca parede con 2 rollos de papel hixiénico. 

7. Equilibrio con rollos de papel: Levantarse con eles na cabeza. 

8. Voleibol: Toques de antebrazos.

9. Fútbol: Toques co pé. 

10. Lanzamentos de Precisión con calcetíns. 


Imos supoñer que cada reto vale 1 punto. Lograredes os 10? 

Vamos a intentalo! 

Unha aperta grande!



lunes, 13 de abril de 2020

RETO 30: PROBA DE RESISTENCIA 20 MIN

Bo día pequenos corremontes:

Hoxe presentamos un reto de resistencia de 20 min, para comprobar cal é a vosa capacidade de vencer á fatiga ou ó cansancio. Presentamos un vídeo con 40 exercicios de 30 segundos que podemos facer na casa. Obviamente, se as condicións foran outras, poderíamos mellorar a nosa resistencia con outras actividades como: patinar, correr, andar en bici, nadar, etc. Pero dada a situación actual, plantexamos actividades que podamos facer nun pequeno espazo da casa. 



O reto ten unha duración de 20 minutos. Podedes ver ata qué minuto ou ata qué exercicio sodes capaces de chegar sen parar. No vídeo alternamos exercicios de forza co noso peso corporal, con diferentes exercicios de Skipping (carreira no sitio).

Ánimo!







domingo, 12 de abril de 2020

RETO 29: DOBLE RETO.

Bo día rapaces e rapazas: 

O reto de hoxe está formado por 2 mini-retos. Con estas dúas actividades melloraremos o noso equilibrio, a nosa forza e a nosa flexibilidade. Pero sobre todo a nosa PACIENCIA e ESFORZO, valores moi importantes na vida. 

MINI-RETO 1: Poñer a camiseta desde a posición de pino. Podedes comezar con niveles máis fáciles:

a) Nivel 1: Mans e pés no chan. En posición de 4 apoios (perrito). 
b) Nivel 2: Cun pé no chan e outro na parede. 
c) Nivel 3: Cos 2 pés no sofá. 
d) Nivel 4-final: En posición de pino. 

MINI-RETO 2: Xirar sobre un mesmo sen que caia a zapatilla. 

Este Doble Reto de hoxe, é só para aquelas persoas que persisten e loitan por conseguir algo, ata que finalmente logran mellorar o que son capaces de facer. 

Isto requerirá de moitas repeticións e intentos. A min tamén me pasou... Vamos!



sábado, 11 de abril de 2020

RETO 28: CONSTRÚE O TEU ARCO

Bo día deportistas:

Ainda que estamos oficialmente de vacacións de Semana Santa, traemos dúas propostas de lanzamentos de precisión. Por se queredes probalas nun ratiño que teñades libre:

Para a 1ª proposta necesitaremos: 

- 1 caixa de cartón, cubo ou diana obxectivo.
- 1 goma de unha carpeta ou similar.
- 1 cadeira. 
- Tiras de papel dobradas. 

Para a 2ª proposta: 

- 1 percha de madeira. 
- 1 goma ou similar. 
- Fieltro ou espuma de protección para a punta da frecha. 
- Obxectos a derribar. 

Unha aperta grande!


viernes, 10 de abril de 2020

RETO 27: EXERCICIOS DE CORE

Bo día deportistas!

Hoxe presentamos un video con exercicios para fortalecer a zona do abdome e tronco en xeral (tamén chamada "core"), que ainda que non somos conscientes, participa en todas as accións da nosa vida diaria e é fundamental para ter unha espalda saudable. 

Non vos olvidedes de levar unha respiración continua. Xeralmente:
- Collemos aire (inspiramos) ao baixar ou estirar a espalda.
- Soltamos aire (espiramos) ao subir ou contraer abdominais. 

Son 15 minutos de rutina, que podedes adaptar ás vosas posibilidades. 

Un saudiño!


jueves, 9 de abril de 2020

RETO 26: TRIPLE RETO

Bo día pequen@s saltamontes!

Hoxe presentamos un triple reto de axilidade, flexibilidade e equilibrio. 
Só hai 1 regra: NUNCA DEIXAR DE INTENTALO. 

Aquí vai a triple proposta de hoxe: 


´
Ánimo! 

Se eu podo... Vós tamén! E seguro que moito mellor!

miércoles, 8 de abril de 2020

RETO 25: EXERCICIOS CON GARRAFAS DE AUGA

Bo día atletas!

Hoxe achegamos un reto de Forza con garrafas de auga de 5 l. Ainda que cada un, pode poñer o peso que desexe, se lle resulta demasiado. Así tamén traballades as unidades de capacidade e masa (litros e kilogramos, se é auga o que hai dentro).

Propoñemos unha serie de exercicios para facer. Vós, podedes elexir 10, escribíndoos nun papel e logo, coa vosa música, intentar facer entre 10 e 15 repeticións. Se non tedes garrafas de auga na casa, tamén podedes utilizar 2 libros con algo de peso. 


Un saudiño! Xa queda menos para disfrutar do aire libre! 




martes, 7 de abril de 2020

RETO 24: PERCUSIÓN CORPORAL

Bo día deportistas!

Hoxe a cousa vai de Ritmo e coordinación. Achegamos 2 pequenas actividades de percusión corporal. Primeiro, unha composición de 4 movementos. E segundo, unha composición de 8 movementos. Queredes intentalo? Comezamos pouco a pouco e logo xa lle daremos maior velocidade.





A probar! Unha aperta!

lunes, 6 de abril de 2020

RETO 23: DANZA CONTEMPORÁNEA

Bo día bailaríns!

Hoxe toca coñecer o que é a danza contemporánea. Esta modalidade, xorde coma unha reacción á danza clásica e por unha necesidade de expresarse máis libremente co propio corpo. 

É unha clase de danza na que se pretende expresar, a través do bailarín, unha idea, un sentimento, unha emoción, ao igual que o ballet clásico, pero mesturando movementos corporais propios do século XX e XXI.



QUECEMENTO - CALENTAMIENTO - WARM UP



CONSELLOS - CONSEJOS - TIPS




TÉCNICA DE DANZA CONTEMPORÁNEA EN SUELO




XIROS EN DANZA CONTEMPORÁNEA




DANZA CONTEMPORÁNEA - TÉCNICA GRAHAM


DANZA CONTEMPORÁNEA - TÉCNICA CUNNINGHAM




DANZA CONTEMPORÁNEA - TÉCNICA LIMÓN



COREOGRAFÍA DÚO DANZA CONTEMPORÁNEA 
(SIA, UNSTOPPABLE)



DANZA CONTEMPORÁNEA NIÑO - ADULTO



Propoñemos: 
1. Buscar un espazo da casa libre de obxectos. 
2. Utilizar roupa cómoda e ter os pés descalzos. 
3. Escoller unha canción que vos guste. Algunha pode ser:


Elastic Heart – Sía
Another love - Tom Odell
Unstoppable – Sia
Move your body – Sia
Breathe - Sia
Unsteady – X ambassadors
Renegades – X ambassadors
Fix you – Coldplay
Summertime sadness - Lana del Rey
Born to die – Lana del rey
Diamonds – Rihanna
BSO Amelie – Comptine…
Kiss – Prince

Dance Monkey – Tones and I
...

4. Desplazarvos de diferentes formas con movementos libres e fluídos, improvisando e percorrendo todas as partes do voso corpo e do espazo, utilizando as 3 alturas: 
- Alta: Movementos cos brazos enriba da cabeza.
- Media: Movementos a altura do voso corpo. 
- Baixa: Movementos polo chan. 


Eu estiven descubrindo novas posibilidades de movemento, e ti? 
Primeiro, a mobilizar ben!




Podes crear movemento con expresión? 
Exprésate co corpo.




domingo, 5 de abril de 2020

RETO 22: MELLORA O TEU EQUILIBRIO INVERTIDO

Bo día atletas:

En relación co reto anterior de habilidades ximnásticas, presentamos un vídeo con exercicios para mellorar o noso Equilibrio Invertido (Pino)

É unha habilidade que require tempo e constancia para acadar a forza e poder manter o noso peso corporal sobre os nosos brazos. Os músculos teñen que estar suficientemente tonificados para poder manter esa posición de forma estable. 

Presentamos un vídeo con exercicios que nos van a axudar a acadar maior tonicidade corporal e mellorar o noso equilibrio invertido, axudando tamén a ter unha postura máis saudable. 

Son exercicios con diferentes apoios de mans e de pés. Podedes utilizar unha colchoneta, unha parede que poidades utilizar, un sofá e dúas cadeiras. Podedes facelo sen calzado, de feito é moito mellor para mellorar nos equilibrios. 



Ánimo ximnastas! 

sábado, 4 de abril de 2020

RETO 21: HABILIDADES XIMNÁSTICAS

Bo día atletas:

Hoxe achegamos un reto de habilidades ximnásticas básicas. 
Na primeira avaliación estivemos practicando estes elementos e, agora, que temos que estar na casa, pode ser un bo momento para repasalos. 

Presentamos unha secuencia de diferentes exercicios de saltos, xiros, equilibrios e elementos de flexibilidade. 

Achego un vídeo a modo de exemplo que consta dos seguintes exercicios: 



Lembrade mobilizar antes todas as articulacións e realizar un pequeno quecemento. Despois, podedes crear a vosa propia secuencia de exercicios, se tedes espazo e disponibilidade. 




Unha grande aperta ximnastas!



viernes, 3 de abril de 2020

RETO 20: TABATA = RESISTENCIA + VELOCIDAD

Bo día deportistas: 

Hoxe achegamos o noso primeiro HIIT ou TABATA Training. Trátase de facer 8 exercicios o máis rápido posible, durante 20 segundos cada un deles e descansando 10 segundos entre exercicios. Os exercicios propostos son estes: 



Con esta dinámica, melloraremos a nosa resistencia á velocidade, intentando facer o maior número de repeticións o máis rápido posible (sen perder unha boa execución e postura correcta).

Se queredes, podedes contar as repeticións que sodes capaces de facer nese tempo e anotalas. 

Podedes entrar na páxina web https://www.tabatatimer.com/ e darlle a start, para que vos vaia marcando os tempos. 

Normalmente, realízanse 3 voltas ou rondas (series). Achégovos o vídeo dunha ronda (1 serie) e logo se queredes podedes repetilo outras 2 veces. Eu marquei con cinta no chan a distancia de 1m, para facer os saltos. Tamén empreguei unha colchoneta para apoiar as mans e xeonllos nalgún exercicios. 



Ánimo Pituf@s!

jueves, 2 de abril de 2020

RETO 19: CAPOEIRA

Bo día:

Hoxe presentamos un reto de Iniciación á Capoeira, un baile brasileiro que combina danza con artes marciais

Realízase descalzos entre 2 persoas que simulan un combate, pero que nunca chegan a tocarse. 

Combina movementos de coordinación, forza, equilibrio e flexibilidade. Podedes poñer en Spotify unha lista con música específica de capoeira e intentar facer os movementos fundamentais:





Aquí tedes un exemplo de 2 clases de Capoeira Infantil:






Os instrumentos da Capoeira son: 

Los instrumentos en Capoeria

Da mesma forma que nos deportes de combate, tamén utilizan e levan posto na cintura, un cinturón ou corda de cores, que indica o nivel do practicante. 

graduaçao-arte-pura-capoeira - CAPOEIRA SANTANDER

Podedes elaborar a vosa propia corda de capoeira con bolsas de plástico (cortar en tiras e logo ir facendo un nudo tipo trenza): 


Ahí vai o vídeo da profe practicando. Eu non teño moito sitio, así que adapto un pouco os movementos ao espazo do que dispoño. Primeiro é necesario mobilizar ben todas as articulacións e sempre realizar un pequeno quecemento. Poñede música e a practicar! É moi divertido!



Vamos Capoeiristas!








miércoles, 1 de abril de 2020

RETO 18: PAUS CHINOS, ANILLAS, MAZAS, CARIOCAS

Bo día:

Hoxe propoñemos un reto de coordinación óculo-manual e percepción espazo-temporal, mediante diferentes malabares, todos eles feitos con material que podería estar ao noso alcance. 
Fai uns días, facíamos malabares con bólas, e hoxe: 

- Realizaremos unhas anillas con pratos de cartón unidos con cinta de enmascarar.
- Elaboraremos unhas mazas con periódicos, botellas e cinta.
- Construíremos unhas cariocas cunhas medias vellas e unhas pelotas de papel no interior. 
- Faremos uns paus chinos con periódicos, cinta, blue-tack e rollos de papel hixiénico. 

Achégovos un vídeo con diferentes movementos, moitos deles vistos na clase. 


Ánimo malabaristas! 
As probas para formar parte do Circo do Sol van comezar!