viernes, 29 de mayo de 2020

RETO 73: HABILIDADES ACUÁTICAS


Bo día deportistas!

Xa que moitos de vós estades enviando retos de habilidades acuáticas, podedes probar estas opcións:


OPCIÓN 1: RETOS DENTRO DA AUGA. 

En Natación, podemos diferenciar diferentes habilidades. 
As principais son: 

1. SALTOS OU ZAMBULLIDAS.
2. FLOTACIÓN. 
3. INMERSIÓN OU BUCEO. 
4. RESPIRACIÓN. 

Na natación, unha das habilidades que máis custa dominar é a respiración: xa que collemos aire pola boca e soltamos o aire polo nariz dentro da auga. A cousa se complica cando intentamos coordinar os brazos, as pernas e a respiración no estilo Crol, xa que ten que ser lateral. 

5. PROPULSIÓN OU DESPRAZAMENTOS. 
6. XIROS OU VOLTAS. 
7. ESTILOS DE NATACIÓN: Crol, Espalda, Mariposa, Braza. 

AQUÍ TEDES UN VÍDEO CON DIFERENTES EXERCICIOS E PROPOSTAS: 




OPCIÓN 2: RETOS FÓRA DA AUGA: 

EXERCICIOS DE FORZA PARA NADADORES/AS.



Tamén podedes practicar a respiración na bañeira da casa ou nunha tina de auga. Sempre con supervisión dunha persoa adulta. 


Aperta deportistas!

jueves, 28 de mayo de 2020

RETO 72: CADRADO DE ORIENTACIÓN


Bo día atletas: 

Achegamos un Reto cun cadrado no chan e uns vasos. Unha proposta de percepción espacial e equilibrio. 

A ver que vos parece: 




Que pasedes un bo día! 

Un saúdo!

domingo, 24 de mayo de 2020

RETO 71: SCOTCH-SCOTCH


Bo día pequen@s intrépid@s!

Achegamos un Xogo de Zimbabue, que denominan Scotch-Scotch. É un xogo de saltos para mellorar a nosa coordinación e ritmo. Queredes probar e xogar?


Mirade este vídeo para saber como é: 





E neste, con outra persoa tamén: 




E aquí, combinado coa utilización de claves e soporte musical:





Unha aperta!

RETO 70: ADIVIÑAS EN MOVEMENTO

Bo día atletas!

Hoxe achegamos un Reto de adiviñas en movemento. Seredes quen de respondelas? 

Propoñemos o seguinte: Facer un vídeo con: 

- Lectura da adiviña. 
- Movemento ou exercicio que elixades. 
- Resposta.  
- Son 10 adiviñas, polo que temos: 10 lecturas, con 10 movementos e 10 respostas. 

Aquí tedes o enlace: 


ENIGMA FINAL

Acertijo difícil: ¿Que deporte tiene 2 Haches? - Adivinanza con ...



Unha aperta deportistas!






viernes, 22 de mayo de 2020

RETO 69: COORDINATION GAMES



Bo día atletas:

Hoxe achegamos 10 propostas de xogos en inglés. A ver se sodes quen de entender os xogos. 



Ahí vai unha pequena axuda:

1. Bounce tennis: Xogar ao tenis coa man. Podedes colocar un pao dunha vasoira sobre 2 cadeiras, a modo de rede.

2. Guardians: Quitarlle a "cinta" ao compañeir@.

3. Switch a roo: Lanzar unha camiseta e atrapala antes de que caia ao chan. Se o facedes con alguén, coller o do compañeir@. 

4. Jousting: Tocar cun churro ou obxecto de papel ou cartón antes de que te toquen. 

5. Scarf Juggling: Malabares con panos ou camisetas. 

6. Hockey de mesa: Cun vaso de plástico e unha pelota de papel ou outro obxecto que deslice (como un rolo de cinta aislante). Golpear co vaso o obxecto sobre a mesa, para intentar colarllo ao compañeir@. 

7. Bean bag races: Desprazamentos diferentes con bolsa de legumes (legumbres) en diferentes zonas do corpo.

8. Twister: Xogo de posturas e equilibrio. 

9. Yoga: Facer figuras de Ioga imitando animais. 

10. Peg Tig: Xogos con pinzas da roupa: Desprazamentos diferentes transportando pinzas na roupa; Correr por tandas e colocar nun folio varias pinzas; Quitarlle a pinza a un compañeir@, etc. 

Poderedes facer polo menos 2 propostas?

Unha aperta grande!

jueves, 21 de mayo de 2020

RETO 68: SUPERHERO TABATA


Bo día atletas!

Hoxe presentamos un motivante Reto Superhero Tabata, a través dunha proposta de diferentes exercicios con recoñecidos personaxes de películas e debuxos animados. 

Seredes quen de superar os retos que vos propoñen?



Vamos a intentalo!



RETO 67: CADRADOS DE SALTOS


Bo día pequenos corremontes!

Hoce achegamos un Reto de coordinación segmentaria, atención e lateralidade, empregando unha estructura de diferentes cadrados no chan. 

Queredes probar?




Unha aperta deportistas!

martes, 19 de mayo de 2020

RETO 66: OCA DE EDUCACIÓN FÍSICA


Bo día atletas!


Hoxe achegamos unha proposta de Oca de educación Física duns compañeir@s mestres. A páxina web do colexio é:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipantonioinsua/node/730.


OCA EF CORENTENA INSUA BERMUDEZ

Tamén podedes descargar o pdf neste enlace: 

https://drive.google.com/file/d/13aMM9AMwU7f3NbUvauWfH_uyziDv554M/view?usp=sharing



Que teñades bo día atletas!




lunes, 18 de mayo de 2020

RETO 65: COLLE UNHA RAQUETA OU PALA


Bo día pequen@s deportistas!

Lembrando aquelas sesións de Educación Física , cando fixemos Bádminton, propoño que collades unha raqueta ou pala e inventedes un reto para facer con unha pelota. Se non tedes, nun post anterior puxemos como crear unha raqueta, reutilizando material. 

Eu, fai xa uns anos, xogaba ao tenis, así que xa me puxen a practicar, golpeos de dereita e golpeos de revés. 




Unha aperta tenistas!

RETO 64: RETO CON 1 OU 2 SÁBANAS


Bo día atletas!

Hoxe presentamos un Reto con 1 ou 2 sábanas que teñades na casa. Só necesitades unha porta e, se queredes, tamén unha pelota. Queredes saber cales son as propostas? Dentro vídeo!



Con este tipo de exercicios asistidos de suspensión, melloraremos a nosa forza e o noso equilibrio. 
Eu fixen 2 tipos de nós (nudos):
- Nudo simple, para colocar as sábanas na porta. 
- Nudo rizo ou llano, para colocar e apoiar os pés nas sábanas. 
Seredes capaces de facer polo menos 5 exercicios de 10 repeticións cada un?

Unha aperta!



sábado, 16 de mayo de 2020

RETO 63: RETO SOBRE RODAS


Bo día atletas:

Aproveitando que xa podemos saír, propoño que fagades un Reto sobre rodas. Podedes elixir segundo as vosas posibilidades: 


Bicicleta

Este videojuego ciclista podría cambiar la manera en que los niños ...

Monopatín ou Skate

Los niños que viajen en verano skate park. Niña y Niño aprenden a ...

Patíns 

  Cómo enseñar a un niño a patinar - 8 pasos    Patines infantiles - 10 consejos para escoger patines para niños ... 

Patinete

Cómo elegir patinetes para niños - 8 pasos

Lembrade que a riqueza está na variedade, así que se tedes opcións de practicar varias modalidades, moito mellor para desenvolver o voso equilibrio dinámico. 

Lembrade mellor poñer o casco ou proteccións, por seguridade. 
No caso da bicicleta, podedes practicar a ver se sodes capaces de hinchar as rodas. E no caso dos patíns, a ver se sodes capaces de colocalos sen axuda. 


Unha aperta ciclistas e patinadorxs!

viernes, 15 de mayo de 2020

RETO 62: RETO CON FOLIOS


Bo día pequen@s intrépidos!

Hoxe, día 15 de maio de 2020, é o día Internacional das Familias, así que, ante todo agradecer a vosa colaboración e implicación, sobre todo nestas circunstancias actuais. GRAZAS.


E como Reto para hoxe, podedes coller un paquete de 500 folios ou algo similar do mesmo volume e peso.  

Achegamos un vídeo con algunhas propostas. Podedes intentar facer entre 5 e 10 repeticións ou intentar crear algún reto novo. 




Unha aperta familias!

jueves, 14 de mayo de 2020

RETO 61: RITMO CON MANS E PÉS


Bo día atletas:

Hoxe achegamos un Reto de Ritmo con mans e pés. Só necesitades 4 folios con 4 cores, para que sexa máis visual. Queredes intentalo? 







Tamén podedes intentar este reto, de desprazamentos ao ritmo da música, colocando un camiño de obxectos no chan. 





Vamos a intentalo!






miércoles, 13 de mayo de 2020

RETO 60: TRIVIAL DE EDUCACIÓN FÍSICA


Bo día pequenos corremontes:

Hoxe achegamos un Trivial de Educación Física. Queredes probar a ver canto sabedes?

Trivial e.f

Este é o enlace: 


https://view.genial.ly/5e7c803f61cb290d8bedf8f5/game-trivial-ef


Podedes mandar algún vídeo lendo algunha pregunta coa resposta correcta. 

Unha aperta atletas!


martes, 12 de mayo de 2020

RETO 59: O TEU NOME EN MOVEMENTO



Bo día atletas:


Estes días atopei este recurso dun profe de Educación Física que me pareceu bastante interesante, útil e motivante. Trátase do Reto "O teu nome en movemento", é dicir, un taboleiro co abecedario e cada letra ten asignada unha tarefa. 


O obxectivo é facer o voso nome cos retos que vos corresponden, segundo as letras. 

Podedes escribir as letras do voso nome en vertical. Ao carón de cada letra, escribir o reto correspondente e, despois, facer o voso nome en movemento. 



Ánimo deportistas!




lunes, 11 de mayo de 2020

RETO 58: XOGOS CON TAPÓNS

Bo día atletas!

Hoxe achegamos unha proposta duns compañeir@s de Educación Física. Trátase de facer xogos con material de refugallo. Hai varias propostas, entre elas 1 xogo de memoria e o 3 en raia con tapóns de plástico. Ao rematar, hai algunha proposta de Xogos para traballar a respiración. 

Neste enlace tedes o vídeo: 


Juego de memoria hecho con tapones de plástico para niños

3 eco-propuestas con tapones de brick · iammamas· Maternidad al ...



Se vos ocurre algún xogo máis con tapóns de plástico ou con outro material de refugallo? Podedes enviar a vosa proposta. 

Juegos de agua refrescantes para pasar un verano divertido. |

RINCÓN DE CREATIVIDAD | Juegos con material reciclado, Juegos y ...



Unha aperta!

domingo, 10 de mayo de 2020

RETO 57: COLLE 1 LARANXA


Bo día pequenos intrépid@s:

Hoxe achegamos un Reto con 1 laranxa. Se queredes tamén podedes utilizar unha cadeira ou sofá. 

Propoñemos 10 exercicios de forza isométrica, acompañados de un movemento utilizando a laranxa, que ao rematar comeremos gustosamente, aplicando os hábitos de hixiene previamente. 



A forza isométrica é a capacidade para manter unha postura coa contracción muscular. Introducimos o movemento coa laranxa como forma que contar o tempo e as repeticións, engadindo así algo máis de dinámica ao Reto. 

A ver se podedes facer entre 5 e 10 repeticións de cada exercicio. 

Ahí vai o vídeo!



Unha aperta deportistas!

sábado, 9 de mayo de 2020

RETO 56: ORIGAMI OU PAPIROFLEXIA


Bo día deportistas!

Hoxe achegamos un Reto de papiroflexia (origami), mellorando así a manipulación fina. Ademais, axuda a manter a atención e a concentración, habilidades moi importantes no día a día. 

É unha actividade que, pola vosa idade, ainda é un pouco difícil para vós. Pero con axuda da vosa familia, podedes intentar crear esta flor, neste caso, un Lirio, e poñela nun sitio da casa que vos guste. 

Lembrade que a maioría das actividades de papiroflexia, comezan con un cadrado e se comezamos cun folio, sempre teremos que cortar o rectángulo que nos sobra. 




Tamén podedes intentar facer un "Comecocos de Ioga"
Por exemplo: 

Comecocos Yoga EF by monikagomezkurt on Genially




Unha ranita saltarina


Ou a coñecida grulla: 


Unha aperta familia!

viernes, 8 de mayo de 2020

RETO 55: ESTIRA DESCALZ@


Bo día deportistas:

Hoxe achegamos un Reto para lembrar os alongamentos básicos, xa que estos días podedes saír a dar paseos ao aire libre. E non está mal recordar, que ao rematar, podedes facer algúns alongamentos (estiramientos), para mellorar a vosa flexibilidade. 

Estos son algúns dos que eu persoalmente fago despois de correr. Intentade manter polo menos 10 segundos cada un. 




Un saúdo atletas!

RETO 54: CREA O TEU XOGO


Bo día deportistas:

Hoxe propoñemos un Reto de eco-creatividade, é dicir, que diseñedes e creedes un xogo con material reutilizado. 

Eu, fai uns días, aproveitei unha tea vella para facer un xogo de lanzamento de puntería. Tamén podedes facer un "suavicesto", que xa utilizamos algunha vez nalgunha clase de Educación Física, utilizando e cortando (con axuda dun adulto) un bote de deterxente. 

Aquí van algunhas ideas de xogos ou instrumentos que podedes facer. 




Podedes facer un vídeo explicativo con demostración. 

Unha aperta deportistas!

miércoles, 6 de mayo de 2020

RETO 53: BRAIN EXERCISES


Bo día atletas!


Hoxe achegamos pequenos Retos concentración e reproducción de movementos corporais, que activarán o noso cerebro, que está formado por 2 partes: hemisferio dereito e hemisferio esquerdo. 

Estas actividades axudarán a mellorar coordinación viso-motora, tan importante nas habilidades de escritura. 

Seredes quen de facer estas secuencias de movementos? Atent@s!







A potenciar tamén un pouco a vosa mente!

Unha aperta!





martes, 5 de mayo de 2020

RETO 52: AXILIDADE: ROUPA E CALZADO


Bo día atletas:

Hoxe achegamos un Reto de hixiene e aseo, adaptado ás circunstancias actuais. 

Como sabedes na área de Educación Física, antes de comezar a clase, temos que cambiar o calzado. E ao rematar, temos que cambiar a camiseta e o calzado. 

Propoñemos que fagades no menor tempo posible o seguinte Reto: 

POSICIÓN INICIAL: O alumno ou alumna terá postas 2 camisetas (para non quedar sen roupa) e terá preparada a mochila de educación física con outros tenis e a camiseta limpa para poñer ao finalizar a clase. 

RETO: Facer no menor tempo posible, a seguinte secuencia de 10 movementos e, se queredes, cronometrar o tempo que tardades en: 

1. Descalzarvos e colocar ben os tenis. 
2. Sacar os outros tenis da mochila e poñelos. 
3. Contar ata 30 facendo skipping (carreira no sitio). 
4. Contar ata 30 facendo Jumping-Jacks (abro e pecho saltando). 
5. Contar ata 20 facendo climber (correr coas mans no chan). 
6. Quitar a 2ª camiseta posta.
7. Sacar da mochila a camiseta limpa e poñela. 
8. Descalzarse e calzar os outros tenis. 
9. Colocar todo dentro da mochila. 
10. Coller a mochila e dicir "terminé", "rematei" ou "finished".

El deporte y la higiene - Escolar - ABC Color

Seguro que rematades antes que nas sesións de Educación Física, que non hai "charla cos compañeir@s! 

Unha aperta deportistas!

lunes, 4 de mayo de 2020

RETO 51: XOGOS TRADICIONAIS


Bo día pequen@s investigador@s:

Hoxe propoñemos un Reto de Xogos Tradicionais. Que enviedes un vídeo realizando algún xogo tradicional (xogos de sempre). 

Podedes falar con alguén da vosa familia e preguntarlle a que xogaban cando eran pequenos. 

A ver se sodes capaces de explicar en que consiste o xogo e facer unha pequena demostración. 

Algunhas ideas de xogos tradicionais, poden ser: 


1. Mariola, Truco, Avión. 

Unha ducia de xogos tradicionais galegos - Praza Pública



2. Goma de saltar. 

Saltar a la goma | MiniGranada


3. Tirachinas ou Tirapedras. 
Tira-chinas reciclados -Manualidades Infantiles              El tirachinas. Un clásico de los juguetes tradicionales infantiles


4. Buxaina ou Trompo. 

XOGOS TRADICIONAIS | CEIP Emilia Pardo Bazán


5. Rá ou Rana. 

Xogos tradicionais: O Xogo da Ra | Velaísca


6. O aro. 

Xogos tradicionais galegos | Velaísca


7. Canicas. 

LAS CANICAS – deblogsyjuegos


8. Chapas. 

Recopilación de todos los juegos de chapas - El Mercader de Juegos ...


9. Petanca. 

Lecciones de petanca para los jugadores infantiles en Valverdón


10. Chave. 

A Chave | deportesrecreativos


11. Billarda ou estornela. 

Xogos populares no IES de CHAPELA 6º EP (07/04) | CEIP de Laredo



12. Carreira de sacos. 

Promoven a recuperación dos xogos tradicionais mediante unha guía ...


13. Zancos. 

Zancos para niños - Cómo hacer zancos para niños con latas ...         Comprar zancos de plástico


14. Tres en raia. 

Trazos de colores: DINAMIZACIÓN DE PATIOS -JUEGOS TRADICIONALES


15. Bolos Celtas.

Bolos Celtas


16. Tiro de corda. 

Curso de xogos tradicionais no Fórum. Artigos


17. Salto de corda. 

EQUIPO DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA GECASTROSANMIGUEL: II XORNADA DE ...


18. Brilé ou Balón prisioneiro. 

BALÓN PRISIONERO



19. Escondite Inglés, Paloma Branca-Paloma negra.

Educación física en el cole: Pollito inglés


20. Pies Quietos. 

JUEGOS POPULARES: PIES QUIETOS


A moverse deportistas!

Lembrade facer algo de exercicio todos os días!