Bo día rapaces e rapazas:
O reto de hoxe está formado por 2 mini-retos. Con estas dúas actividades melloraremos o noso equilibrio, a nosa forza e a nosa flexibilidade. Pero sobre todo a nosa PACIENCIA e ESFORZO, valores moi importantes na vida.
MINI-RETO 1: Poñer a camiseta desde a posición de pino. Podedes comezar con niveles máis fáciles:
a) Nivel 1: Mans e pés no chan. En posición de 4 apoios (perrito).
b) Nivel 2: Cun pé no chan e outro na parede.
c) Nivel 3: Cos 2 pés no sofá.
d) Nivel 4-final: En posición de pino.
MINI-RETO 2: Xirar sobre un mesmo sen que caia a zapatilla.
Este Doble Reto de hoxe, é só para aquelas persoas que persisten e loitan por conseguir algo, ata que finalmente logran mellorar o que son capaces de facer.
Isto requerirá de moitas repeticións e intentos. A min tamén me pasou... Vamos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario