viernes, 19 de junio de 2020

RETO FINAL: GINCANA DE VERÁN

Bo día deportistas:

Ante todo quería agradecervos a vosa colaboración durante estas semanas dentro dunhas condicións moi difíciles para tod@s.

Espero que pasedes unhas vacacións de verán inolvidables e que aproveitedes o tempo para pasalo moi ben e aprender xogando.

Aproveito para achegarvos unha proposta de gincana con 10 probas. Con cada proba superada conseguiredes unha letra que dará lugar a unha mensaxe final.

Unha grande aperta pequenxs corremontes!

GRAZAS FAMILIAS!


domingo, 14 de junio de 2020

RETO 82: CREA 1 MERENDA SAUDABLE


Bo día atletas! 

Hoxe propoñemos que diseñedes un prato de merenda saudable. Ben sabedes que é recomendable facer polo menos 5 comidas ao día e tamén inxerir 5 pezas de froita ao día, para crecer sans e fortes. 

Ahí van algunhas ideas de merenda saudable. Enviaredes unha foto coa vosa proposta?











Una aperta deportistas equilibrad@s! 


viernes, 12 de junio de 2020

RETO 81: 1 SALTO E 1 EQUILIBRIO


Bo día pequenxs saltamontes: 

Propoñemos que enviedes un vídeo dun  salto e dun equilibrio que elixades. Podedes buscar algún recurso que atopedes no exterior, dando algún paseo. Lembrade, sempre de forma SEGURA.

Ahí van as miñas aportacións: 








Unha aperta deportistas!

lunes, 8 de junio de 2020

RETO 80: RETO PERSOAL AO AIRE LIBRE



Bo día atletas!

Hoxe propoñemos que elixades un reto, dos anteriormente propostos ou algún que queirades demostrar.

Eu achégovos o meu Reto de Domingo fotográfico: 

1. Carreira pola beira do Río Miño, en Ourense ( e rexistro coa aplicación Strava):












Entendedes os datos que ahí aparecen?

2. Sendeirismo pola Ribeira Sacra (Ourense), que, se non a coñecedes, é moi recomendable visitar. 








E, por último, sempre hai tempo para facer algún vídeo simpático para lembrar o día (sempre con seguridade): 






Unha aperta deportistas!

Never stop exploring!


domingo, 7 de junio de 2020

RETO 79: AUTOCARGA - DIFÍCIL


Por último, achegamos unhas rutinas de autocarga máis complexas: 











Unha aperta grande! 

A seguir movéndose!



RETO 78: AUTOCARGA - INTERMEDIO



Continuamos con máis retos de autocarga, un pouco máis complexos: 


















Para que intentedes algún máis!

Unha aperta!

RETO 77: AUTOCARGA - FÁCIL


Bo día deportistas:

Hoxe achegamos unhas fichas de exercicios de autocarga, é dicir, exercicios de forza co propio peso corporal. 

Comezamos co nivel fácil. 


















A recomendación de número de series e tempo de descanso, é o que normalmente fai unha persoa adulta. Vós podedes elexir algúns exercicios e intentar algunha repetición. 

Ánimo deportistas!

martes, 2 de junio de 2020

RETO 76: BREAK OUT P.E.


Bo día atletas: 

Hoxe achegamos un recurso que me pareceu interesante. Un escape room de educación física. A ver que vos parece. Ahí vai o enlace: 


https://view.genial.ly/5ed4b26408b6410db828613b/game-breakout-escape-room-educacion-fisica

Que teñades un bo día e a mover ese corpo!

lunes, 1 de junio de 2020

RETO 75: APP WALK OR RUN


Bo día pequen@s corremontes!

Hoxe achegamos 2 aplicacións móbiles que resultan interesantes para rexistrar unha sesión de exercicio físico, camiñando, en bicicleta ou correndo. Eso sí, temos que levar con nós o dispositivo móvil durante o percorrido.

OPCIÓN 1: RELIVE

Esta aplicación rexistra o percorrido que fixechemos e ao rematar aporta un vídeo aéreo do mesmo. Pódense engadir fotos do percorrido. Se pinchades no enlace, podedes obter máis información da aplicación. 





OPCIÓN 2: STRAVA

Rexistra o percorrido e permite comparar os tempos con outros atletas que fixeron ese mesmo segmento ou percorrido nalgún momento. 



Por exemplo, eu onte fixen un percorrido coa bici e esta é algunha información que nos pode aportar ao rematar a sesión: 



Podedes intentar descargar a aplicación e grabar unha ruta ou paseo que fagades estos días. 

Unha aperta!



RETO 74: ECOS RÍTMICOS


Bo día atletas!

Hoxe presentamos unha proposta de ecos rítmicos, axudando a desenvolver o ritmo, a coordinación e a percepción espazo-temporal. A ver se sodes capaces de facelo. 


Que teñades un bo día!

viernes, 29 de mayo de 2020

RETO 73: HABILIDADES ACUÁTICAS


Bo día deportistas!

Xa que moitos de vós estades enviando retos de habilidades acuáticas, podedes probar estas opcións:


OPCIÓN 1: RETOS DENTRO DA AUGA. 

En Natación, podemos diferenciar diferentes habilidades. 
As principais son: 

1. SALTOS OU ZAMBULLIDAS.
2. FLOTACIÓN. 
3. INMERSIÓN OU BUCEO. 
4. RESPIRACIÓN. 

Na natación, unha das habilidades que máis custa dominar é a respiración: xa que collemos aire pola boca e soltamos o aire polo nariz dentro da auga. A cousa se complica cando intentamos coordinar os brazos, as pernas e a respiración no estilo Crol, xa que ten que ser lateral. 

5. PROPULSIÓN OU DESPRAZAMENTOS. 
6. XIROS OU VOLTAS. 
7. ESTILOS DE NATACIÓN: Crol, Espalda, Mariposa, Braza. 

AQUÍ TEDES UN VÍDEO CON DIFERENTES EXERCICIOS E PROPOSTAS: 




OPCIÓN 2: RETOS FÓRA DA AUGA: 

EXERCICIOS DE FORZA PARA NADADORES/AS.



Tamén podedes practicar a respiración na bañeira da casa ou nunha tina de auga. Sempre con supervisión dunha persoa adulta. 


Aperta deportistas!

jueves, 28 de mayo de 2020

RETO 72: CADRADO DE ORIENTACIÓN


Bo día atletas: 

Achegamos un Reto cun cadrado no chan e uns vasos. Unha proposta de percepción espacial e equilibrio. 

A ver que vos parece: 




Que pasedes un bo día! 

Un saúdo!

domingo, 24 de mayo de 2020

RETO 71: SCOTCH-SCOTCH


Bo día pequen@s intrépid@s!

Achegamos un Xogo de Zimbabue, que denominan Scotch-Scotch. É un xogo de saltos para mellorar a nosa coordinación e ritmo. Queredes probar e xogar?


Mirade este vídeo para saber como é: 





E neste, con outra persoa tamén: 




E aquí, combinado coa utilización de claves e soporte musical:





Unha aperta!

RETO 70: ADIVIÑAS EN MOVEMENTO

Bo día atletas!

Hoxe achegamos un Reto de adiviñas en movemento. Seredes quen de respondelas? 

Propoñemos o seguinte: Facer un vídeo con: 

- Lectura da adiviña. 
- Movemento ou exercicio que elixades. 
- Resposta.  
- Son 10 adiviñas, polo que temos: 10 lecturas, con 10 movementos e 10 respostas. 

Aquí tedes o enlace: 


ENIGMA FINAL

Acertijo difícil: ¿Que deporte tiene 2 Haches? - Adivinanza con ...



Unha aperta deportistas!






viernes, 22 de mayo de 2020

RETO 69: COORDINATION GAMES



Bo día atletas:

Hoxe achegamos 10 propostas de xogos en inglés. A ver se sodes quen de entender os xogos. 



Ahí vai unha pequena axuda:

1. Bounce tennis: Xogar ao tenis coa man. Podedes colocar un pao dunha vasoira sobre 2 cadeiras, a modo de rede.

2. Guardians: Quitarlle a "cinta" ao compañeir@.

3. Switch a roo: Lanzar unha camiseta e atrapala antes de que caia ao chan. Se o facedes con alguén, coller o do compañeir@. 

4. Jousting: Tocar cun churro ou obxecto de papel ou cartón antes de que te toquen. 

5. Scarf Juggling: Malabares con panos ou camisetas. 

6. Hockey de mesa: Cun vaso de plástico e unha pelota de papel ou outro obxecto que deslice (como un rolo de cinta aislante). Golpear co vaso o obxecto sobre a mesa, para intentar colarllo ao compañeir@. 

7. Bean bag races: Desprazamentos diferentes con bolsa de legumes (legumbres) en diferentes zonas do corpo.

8. Twister: Xogo de posturas e equilibrio. 

9. Yoga: Facer figuras de Ioga imitando animais. 

10. Peg Tig: Xogos con pinzas da roupa: Desprazamentos diferentes transportando pinzas na roupa; Correr por tandas e colocar nun folio varias pinzas; Quitarlle a pinza a un compañeir@, etc. 

Poderedes facer polo menos 2 propostas?

Unha aperta grande!

jueves, 21 de mayo de 2020

RETO 68: SUPERHERO TABATA


Bo día atletas!

Hoxe presentamos un motivante Reto Superhero Tabata, a través dunha proposta de diferentes exercicios con recoñecidos personaxes de películas e debuxos animados. 

Seredes quen de superar os retos que vos propoñen?



Vamos a intentalo!



RETO 67: CADRADOS DE SALTOS


Bo día pequenos corremontes!

Hoce achegamos un Reto de coordinación segmentaria, atención e lateralidade, empregando unha estructura de diferentes cadrados no chan. 

Queredes probar?




Unha aperta deportistas!

martes, 19 de mayo de 2020

RETO 66: OCA DE EDUCACIÓN FÍSICA


Bo día atletas!


Hoxe achegamos unha proposta de Oca de educación Física duns compañeir@s mestres. A páxina web do colexio é:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipantonioinsua/node/730.


OCA EF CORENTENA INSUA BERMUDEZ

Tamén podedes descargar o pdf neste enlace: 

https://drive.google.com/file/d/13aMM9AMwU7f3NbUvauWfH_uyziDv554M/view?usp=sharing



Que teñades bo día atletas!




lunes, 18 de mayo de 2020

RETO 65: COLLE UNHA RAQUETA OU PALA


Bo día pequen@s deportistas!

Lembrando aquelas sesións de Educación Física , cando fixemos Bádminton, propoño que collades unha raqueta ou pala e inventedes un reto para facer con unha pelota. Se non tedes, nun post anterior puxemos como crear unha raqueta, reutilizando material. 

Eu, fai xa uns anos, xogaba ao tenis, así que xa me puxen a practicar, golpeos de dereita e golpeos de revés. 




Unha aperta tenistas!

RETO 64: RETO CON 1 OU 2 SÁBANAS


Bo día atletas!

Hoxe presentamos un Reto con 1 ou 2 sábanas que teñades na casa. Só necesitades unha porta e, se queredes, tamén unha pelota. Queredes saber cales son as propostas? Dentro vídeo!



Con este tipo de exercicios asistidos de suspensión, melloraremos a nosa forza e o noso equilibrio. 
Eu fixen 2 tipos de nós (nudos):
- Nudo simple, para colocar as sábanas na porta. 
- Nudo rizo ou llano, para colocar e apoiar os pés nas sábanas. 
Seredes capaces de facer polo menos 5 exercicios de 10 repeticións cada un?

Unha aperta!



sábado, 16 de mayo de 2020

RETO 63: RETO SOBRE RODAS


Bo día atletas:

Aproveitando que xa podemos saír, propoño que fagades un Reto sobre rodas. Podedes elixir segundo as vosas posibilidades: 


Bicicleta

Este videojuego ciclista podría cambiar la manera en que los niños ...

Monopatín ou Skate

Los niños que viajen en verano skate park. Niña y Niño aprenden a ...

Patíns 

  Cómo enseñar a un niño a patinar - 8 pasos    Patines infantiles - 10 consejos para escoger patines para niños ... 

Patinete

Cómo elegir patinetes para niños - 8 pasos

Lembrade que a riqueza está na variedade, así que se tedes opcións de practicar varias modalidades, moito mellor para desenvolver o voso equilibrio dinámico. 

Lembrade mellor poñer o casco ou proteccións, por seguridade. 
No caso da bicicleta, podedes practicar a ver se sodes capaces de hinchar as rodas. E no caso dos patíns, a ver se sodes capaces de colocalos sen axuda. 


Unha aperta ciclistas e patinadorxs!

viernes, 15 de mayo de 2020

RETO 62: RETO CON FOLIOS


Bo día pequen@s intrépidos!

Hoxe, día 15 de maio de 2020, é o día Internacional das Familias, así que, ante todo agradecer a vosa colaboración e implicación, sobre todo nestas circunstancias actuais. GRAZAS.


E como Reto para hoxe, podedes coller un paquete de 500 folios ou algo similar do mesmo volume e peso.  

Achegamos un vídeo con algunhas propostas. Podedes intentar facer entre 5 e 10 repeticións ou intentar crear algún reto novo. 




Unha aperta familias!

jueves, 14 de mayo de 2020

RETO 61: RITMO CON MANS E PÉS


Bo día atletas:

Hoxe achegamos un Reto de Ritmo con mans e pés. Só necesitades 4 folios con 4 cores, para que sexa máis visual. Queredes intentalo? 







Tamén podedes intentar este reto, de desprazamentos ao ritmo da música, colocando un camiño de obxectos no chan. 





Vamos a intentalo!






miércoles, 13 de mayo de 2020

RETO 60: TRIVIAL DE EDUCACIÓN FÍSICA


Bo día pequenos corremontes:

Hoxe achegamos un Trivial de Educación Física. Queredes probar a ver canto sabedes?

Trivial e.f

Este é o enlace: 


https://view.genial.ly/5e7c803f61cb290d8bedf8f5/game-trivial-ef


Podedes mandar algún vídeo lendo algunha pregunta coa resposta correcta. 

Unha aperta atletas!


martes, 12 de mayo de 2020

RETO 59: O TEU NOME EN MOVEMENTO



Bo día atletas:


Estes días atopei este recurso dun profe de Educación Física que me pareceu bastante interesante, útil e motivante. Trátase do Reto "O teu nome en movemento", é dicir, un taboleiro co abecedario e cada letra ten asignada unha tarefa. 


O obxectivo é facer o voso nome cos retos que vos corresponden, segundo as letras. 

Podedes escribir as letras do voso nome en vertical. Ao carón de cada letra, escribir o reto correspondente e, despois, facer o voso nome en movemento. 



Ánimo deportistas!