Ola pequen@s corremontes!
Espero que esteades levando ben todos estes días de confinamento e que aproveitedes para facer diferentes actividades coa familia. Xa nos queda menos para poder saír e volver a normalidade.
Hoxe achegamos retos de velocidade de reacción e axilidade:
Para iso, outra persoa, tería que dicirvos diferentes tipos de sinais de saída, e vós, intentar facer a actividade, ou o circuíto, o máis rápido posible e saíndo no menor tempo posible.
Podedes variar as posicións de saída e tarefa a realizar. No meu caso, fíxeno no salón. Se dispoñedes de maior distancia, APROVEITADE!
No vídeo empreguei:
- Pau de vasoira.
- Cortina vella.
- Cadeiras - Sillas.
- Sofá.
- Vasos con números de cores con plastilina.
- Témperas de cores.
- Garrafas de auga.
- Rollos de papel hixiénico e pelota de papel.
- Cinta no chan.
Ahí vai o vídeo con algunhas ideas de actividades para mellorar a velocidade e axilidade.
Unha aperta!
No hay comentarios:
Publicar un comentario