martes, 31 de marzo de 2020

RETO 17: GOLPEOS CON IMPLEMENTO

Bo día deportistas: 

Hoxe presentamos un reto de golpeos con diferentes obxectos e pelotas. Con isto melloraremos a nosa coordinación óculo-manual e a percepción espazo-temporal. É unha habilidade máis complexa que o lanzamento, xa que temos que acertar e non golpear no aire.

Achégovos un vídeo con varias propostas que podedes tomar como orientación, tendo en conta as vosas posibilidades. Desta forma, realizaremos habilidades vinculadas con deportes como: 

- Hockey.
- Golf. 
- Baseball. 
- Bádminton. 
- Tenis. 
- Pádel. 
- Ou con Xogos tradicionais como a billarda. 

No caso dos deportes de raqueta, podedes facer golpeos desde diferentes posicións, practicando toques, golpes de dereita e de revés ou saques. 

No caso do hockey, podedes facer diferentes tipos de condución mediante pequenos toques, polo chan, ou tamén marcar unha portería con obxectos. 

En relación co material que podemos utilizar, se non temos o específico do deporte, podemos empregar: 

- Como stick de hockey: pao de vasoira con cartón no fondo. 
- Como bate de baseball: periódico ou portaláminas. 
- Como raqueta de tenis: percha cunha media. 
- Como pelota: pelota de papel. 











A practicar!

Unha aperta!

lunes, 30 de marzo de 2020

RETO 16: STRETCHING AND YOGA

Bo día:

Hoxe propoñemos varias opcións para mellorar a nosa flexibilidade, mediante alongamentos básicos e posturas de Ioga. 

Intentade probar algunhas delas, durante polo menos 10 segundos e cunha respiración fluída. Non olvidedes que a flexibilidade hai que "entrenala", todos os días. Non se consegue todo ao primeiro intento. Así que... Paciencia...

Lembrade que certas posturas non están recomendadas para persoas con algún tipo de patoloxía ou problema na columna vertebral. Así que con coidadiño e despacio, sobre todo nas posturas de flexión vertebral (posturas de dobrar a espalda). 

As posturas de Ioga, chámanse "Asanas". Cada postura ten 2 nomes: nome orixinal (en sánscrito) e nome traducido (no noso caso,  en español). Polo que ao mellor atopades diferentes nomes para a mesma postura. 

Aquí tedes enlaces moi interesantes: 

https://widemat.com/posturas-yoga-asanas/

https://www.yogaes.com/asanas/index.php

http://pranapranayoga.blogspot.com/2013/10/indice-asanasposturas.html


Achégovos un vídeo para que practiquedes as Asanas (Posturas). 
Cada postura ten unha duración de 15 segundos. 
Poderedes facelo?





Achégovos tamén un vídeo con alongamentos básicos, interesantes ao rematar de facer exercicio






Ánimo pequenos Ioguinis!

A practicar!


domingo, 29 de marzo de 2020

RETO 15: BREAK DANCE - INICIACIÓN

Bo día deportistas:

Achegamos unha proposta de diferentes movementos de break dance, especialmente interesante para o desenvolvemento da forza, equilibrio, ritmo e coordinación. 

Achegamos unha serie de enlaces para que lle botedes un ollo e, ao final, engado un par de videos meus, practicando un pouquiño. Nunca se deixa de aprender! 


Saúdos Bboys and Bgirls! 

A ver si intentades algún deles!


3 movimientos básicos - "TOP ROCK" (DE PIE)

 SHUFFLE
WALK
KICKS





MÁIS MOVIMIENTOS TOP ROCK
 INDIAN STEP
INDIAN INSIDE
INDIAN STEP + SPIN
SALSA STEP
SALSA FRONT
SALSA BACK




MOVEMENTOS DE FOOTWORK (NO CHAN)

 RUSSIAN STEP

SISI STEP

SIX STEP



Basic Break Dance Moves



FREEZES - CONGELADOS O POSTURAS DE EQUILIBRIO



BATTLE BBOY AND BGIRL (COMPETICIÓN NIÑ@S)



E, por último, a profe, que se animou a practicar tamén : )

TOP ROCK INICIACIÓN (DE PIE)



FOOTWORK AND FREEZES (SUELO Y EQUILIBRIOS)




sábado, 28 de marzo de 2020

RETO 14: HABILIDADES MOTRICES E CONDICIÓN FÍSICA

Bo día:

Achegamos posibles ideas e recursos para facer estos días: 
A proposta de hoxe consiste en crear ou diseñar un Circuíto de habilidades motrices. Propoñemos que, na medida do posible, o circuíto inclúa polo menos 7 zonas diferentes:  


1 tipo de manipulación:



1 lanzamento, 1 golpeo, 1 traslado de obxecto, 1 condución de pelota...
















1 tipo de desprazamento:


hacia adiante, atrás, lateral, skipping, apoiando mans, reptar. 



Educación Física para Infantil y Primaria: DESPLAZAMIENTOS





1 salto: 

vertical, horizontal, 1 pé, 2 pés. 

















1 xiro: 


viravolta adiante, viravolta atrás, croqueta, 1/2 xiro de pé, xiro completo de pé, ...



Marcando el paso: Habilidades Gimnásticas: VOLTERETA HACIA ADELANTE

Marcando el paso: Habilidades Gimnásticas: VOLTERETA HACIA ATRÁS

Ficha Extensión y Extensión ½ Giro - Fichas Elementos Gimnásticos ...
En el cole con Víctor: UD "Saltar, girar y volver a empezar"



1 equilibrio:

Manter 1 postura, camiñar sobre algo estreito ou camiñar cun obxecto. 

Tutoriales de Yoga on Instagram: “El equilibrio es una cualidad ...

Tutoriales de Yoga on Instagram: “La postura del árbol o Vrksasana ...








Tenis con platos desechables y globos! | #Artividades

Huevos con cuchara para carrera Eurekakids Ref: 6421228741 ...

1 secuencia rítmica:

Percusión co corpo ou cun obxecto. 


percussió corporal | Percusion corporal, Música preescolar, Música ...


PERCUSIÓN CORPORAL y SXF, Sábado 20 de Mayo 2017 - Asociación X ...



La clase de música: Propuesta de ritmo con vasos - nivel sencillo





Por último, engadimos un enlace dun xogo con probas ou retos: 






Outro dos obxectivos da educación física, ademáis do desenvolvemento das habilidades motrices, é mellorar ou manter a vosa condición física, definida por varias capacidades: 

- Resistencia: Capacidade para aguantar durante un tempo. 
- Velocidade: Capacidade de facer algo rápido. 
- Forza: Capacidade de levantar algo que pese. 


- Flexibilidade: Capacidade de estirar diferentes partes do corpo. 


Achegamos unha proposta de retos físicos, empregando 1 ou 2 coxíns. Fixen un video de 45 minutos de duración con exercicios variados. Podedes probar algún deles coa música que vos guste. 


Saúdos atletas! 
A suar a camiseta!