Achégovos unha proposta de exercicios con balón xigante (fitball) ou con balón normal (basket).
Se non tedes balón, podedes utilizar outro obxecto blando como: un coxín, toalla, roupa atada ou incluso papel hixiénico.
Propoñemos que realicedes os exercicios sobre unha colchoneta ou alfombra e descalzos, para traballar de forma máis profunda, os músculos do nocello, da perna e do pé e, así, desenvolver mellor o equilibrio.
Podedes probar a crear movementos novos e diferentes, sempre con seguridade e prevención. E non olvidedes por a música que vos guste!
Un saudiño atletas!
A practicar e a moverse!
No hay comentarios:
Publicar un comentario