En relación coa Unidade Didáctica: "Xogos reutilizados", e vinculando isto tamén co Proxecto de Centro dos ODS, propoñemos a construcción dunhas canastras de baloncesto con papel, folios, revistas ou algún póster vello que vaiades tirar.
MATERIAL NECESARIO:
- Tesoiras.
- Folios ou revistas vellas.
- Grampadora, celofán, pegamento ou blue-tack.
PASOS A SEGUIR:
1º Cortar tiras anchas e largas. (Tamén podedes decoralas con puntuación).
2º Unir tiras para formar círculos (canastras).
3º Colocar as canastras mediante blue-tack ou celofán en diferentes partes da casa, segundo as vosas posibilidades. Lembrade que podedes orientalas de diferentes formas.
4º Facer pelotas con papel usado.
5º Xogar e puntuar desde diferentes alturas e distancias.
VARIANTES:
- Podedes utilizar diferentes obxectos para lanzar (que non sexan pesados).
- Podedes utilizar as canastras feitas para Xogar a Rá (Un xogo tradicional).
- Podedes preguntarlle as vosas familias como é o Xogo da Rá.
- Podedes facer un circuíto de minigolf no chan, apoiando as canastras como se fosen buratos verticais e facendo pasar bolas no menor número de lanzamentos coa man ou golpeos coa vasoira.
Vamos! Eu xa teño as miñas canastras colocadas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario