domingo, 22 de marzo de 2020

RETO 7: STEP - AERÓBIC

Bo día!

O reto de hoxe é facer Step ou Aeróbic, segundo as posibilidades. Son actividades con soporte musical que seguen unha coreografía, é dicir, un conxunto de movementos que van sincronizados coa música. 

Normalmente realízanse 4 bloques de 4 frases musicais cada bloque. É dicir: 

1 bloque = 4 frases. 
4 bloques = 16 frases. 
1 frase = 8 tempos. (1,2,3,4,5,6,7,8).
1 coreografía = 32 tempos.
1 tempo soe ser no nivel básico, un movemento, ainda que isto pódese complicar máis. 

En primeiro lugar, se non tedes STEP, podedes crear 1 no chan, utilizando cinta aislante ou carteis da escaleira de coordinación xa feita anteriormente:



Achégovos un enlace con pasos básicos e vista posterior (desde atrás), para que vaiades quentando. 
Podedes silenciar o video e poñer a aplicación Spotify coa lista: "Step Aerobic 2020".



Outro enlace cunha coreografía básica de media hora de duración que podedes intentar:




E, finalmente, a profe, vos propón que intentedes unha coreografía de 4 bloques: 




- Comezo facendo cada bloque despacio, para que vexades os pasos. 
- Logo xunto os 4 bloques e o fago 2 veces. 
- Podedes cambiar a velocidade de reproducción de Youtube e velo máis despacio. 




¡Vamos! 
¡A probar novos Retos!

Come on!
Let´s go trying new challenges!

-Life is movement-



No hay comentarios:

Publicar un comentario