Achegamos posibles ideas e recursos para facer estos días:
A proposta de hoxe consiste en crear ou diseñar un Circuíto de habilidades motrices. Propoñemos que, na medida do posible, o circuíto inclúa polo menos 7 zonas diferentes:
1 tipo de manipulación:
1 lanzamento, 1 golpeo, 1 traslado de obxecto, 1 condución de pelota...
1 tipo de desprazamento:
hacia adiante, atrás, lateral, skipping, apoiando mans, reptar.
1 salto:
vertical, horizontal, 1 pé, 2 pés.
1 xiro:
viravolta adiante, viravolta atrás, croqueta, 1/2 xiro de pé, xiro completo de pé, ...
1 equilibrio:
Manter 1 postura, camiñar sobre algo estreito ou camiñar cun obxecto.
1 secuencia rítmica:
Percusión co corpo ou cun obxecto.
Por último, engadimos un enlace dun xogo con probas ou retos:
Outro dos obxectivos da educación física, ademáis do desenvolvemento das habilidades motrices, é mellorar ou manter a vosa condición física, definida por varias capacidades:
- Resistencia: Capacidade para aguantar durante un tempo.
- Velocidade: Capacidade de facer algo rápido.
- Forza: Capacidade de levantar algo que pese.
- Flexibilidade: Capacidade de estirar diferentes partes do corpo.
Achegamos unha proposta de retos físicos, empregando 1 ou 2 coxíns. Fixen un video de 45 minutos de duración con exercicios variados. Podedes probar algún deles coa música que vos guste.
Saúdos atletas!
A suar a camiseta!
No hay comentarios:
Publicar un comentario