Bo día:
Preséntovos unha tarefa de ritmo e coordinación. Para iso, só necesitamos 1 vaso de plástico, 1 lapiseiro ou 1 recipiente con forma de cilindro ou cubo ríxido para facer percusión.
Presento un vídeo dos movementos a realizar. Xa sabedes que podedes modificar a velocidade de reproducción, para velo máis lento. Perdoade a cara, que me sae un pouco seria de máis. jejeje.
MOVEMENTOS - LENTO
MOVEMENTOS EN PROGRESIÓN LENTO-RÁPIDO
Tamén achego un enlace dun grupo de nenos e nenas, facendo o movemento de forma grupal, por se queredes intentalo coa familia.
E outro vídeo con soporte musical (We will rock you-Queen), para que vexades as posibilidades da percusión con obxectos (Lembrade que vimos algo na primeira avaliación, facendo diferentes sons e ritmos con obxectos propios de Educación física: rodas, picas, ladrillos, conos, etc).
A practicar!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario