A continuación, propoñemos crear unha "escaleira de chan" para facer exercicios de coordinación variados, mediante diferentes saltos.
Ademais, tamén repasaremos os números cardinais e ordinais en Inglés.
MATERIAL NECESARIO:
- FOLIOS.
- ROTULADORES.
- TESOIRAS.
- REGRA.
- BLUE TACK OU CELOFÁN.
PASOS A SEGUIR:
1º Coller os folios e dobrar, en forma de liñas paralelas para logo cortar en partes iguais.
2º Escribir os números en inglés. Decorar ao voso gusto.
3º Colocar con blue-tack ou celofán no chan, utilizando se queredes unha regra de 30 cm.
- Teñen que estar de forma paralela e á mesma distancia.
- Así tamén repasamos contidos de matemáticas : ).
4º Comezar a saltar de diferentes formas.
Achego un vídeo a modo de exemplo, pero hai moitos para ver e aprender!
Ánimo! Eu xa estou practicando!
No hay comentarios:
Publicar un comentario