martes, 31 de marzo de 2020

RETO 17: GOLPEOS CON IMPLEMENTO

Bo día deportistas: 

Hoxe presentamos un reto de golpeos con diferentes obxectos e pelotas. Con isto melloraremos a nosa coordinación óculo-manual e a percepción espazo-temporal. É unha habilidade máis complexa que o lanzamento, xa que temos que acertar e non golpear no aire.

Achégovos un vídeo con varias propostas que podedes tomar como orientación, tendo en conta as vosas posibilidades. Desta forma, realizaremos habilidades vinculadas con deportes como: 

- Hockey.
- Golf. 
- Baseball. 
- Bádminton. 
- Tenis. 
- Pádel. 
- Ou con Xogos tradicionais como a billarda. 

No caso dos deportes de raqueta, podedes facer golpeos desde diferentes posicións, practicando toques, golpes de dereita e de revés ou saques. 

No caso do hockey, podedes facer diferentes tipos de condución mediante pequenos toques, polo chan, ou tamén marcar unha portería con obxectos. 

En relación co material que podemos utilizar, se non temos o específico do deporte, podemos empregar: 

- Como stick de hockey: pao de vasoira con cartón no fondo. 
- Como bate de baseball: periódico ou portaláminas. 
- Como raqueta de tenis: percha cunha media. 
- Como pelota: pelota de papel. 











A practicar!

Unha aperta!

No hay comentarios:

Publicar un comentario