Bo día:
Dada a situación actual provocada polo COVID, propoñemos a creación deste blog para publicar contidos e actividades vinculadas coa área de Educación Física.
Comezaremos facendo un pequeno resumo do que levamos feito ao longo do curso e presentaremos algunhas propostas de exercicios para facer na casa.
Ainda que a área de EF ten unha carga lectiva de 2 horas semanais, propoñemos facer unha pequena rutina todos os días.
Imos comezar por intentar facer exercicios variados, cunha duración de 1 minuto cada un deles.
Segundo o nivel de cada neno e nena, intentaremos facer o maior número de repeticións posible.
E, se queredes, tamén podedes facer varias series (rondas) do circuíto.
A modo de exemplo, ahí vai un video para comezar.
Un saúdo e a moverse!
María.
No hay comentarios:
Publicar un comentario