Bo día atletas:
Hoxe achegamos 10 propostas de xogos en inglés. A ver se sodes quen de entender os xogos.
Ahí vai unha pequena axuda:
1. Bounce tennis: Xogar ao tenis coa man. Podedes colocar un pao dunha vasoira sobre 2 cadeiras, a modo de rede.
2. Guardians: Quitarlle a "cinta" ao compañeir@.
3. Switch a roo: Lanzar unha camiseta e atrapala antes de que caia ao chan. Se o facedes con alguén, coller o do compañeir@.
4. Jousting: Tocar cun churro ou obxecto de papel ou cartón antes de que te toquen.
5. Scarf Juggling: Malabares con panos ou camisetas.
6. Hockey de mesa: Cun vaso de plástico e unha pelota de papel ou outro obxecto que deslice (como un rolo de cinta aislante). Golpear co vaso o obxecto sobre a mesa, para intentar colarllo ao compañeir@.
7. Bean bag races: Desprazamentos diferentes con bolsa de legumes (legumbres) en diferentes zonas do corpo.
8. Twister: Xogo de posturas e equilibrio.
9. Yoga: Facer figuras de Ioga imitando animais.
10. Peg Tig: Xogos con pinzas da roupa: Desprazamentos diferentes transportando pinzas na roupa; Correr por tandas e colocar nun folio varias pinzas; Quitarlle a pinza a un compañeir@, etc.
Poderedes facer polo menos 2 propostas?
Unha aperta grande!
No hay comentarios:
Publicar un comentario