Bo día atletas:
Eu hoxe por fin puiden facer algo de exercicio ao aire libre. Canto o botaba en falta!
Como Reto para hoxe, propoño que collades 2 botellas de auga, mellor de medio litro para vós, porque así facilita mellor o agarre para o tamaño da vosa man. Os maiores podedes utilizar botellas de 1 litro ou litro e medio.
Seredes quen de facer os exercicios?
Intentade facer, polo menos, 10 exercicios de 10 repeticións cada un. Ainda que estaría ben probar todos e crear algún máis.
Unha aperta deportistas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario