domingo, 3 de mayo de 2020

RETO 50: ORIENTACIÓN


Bo día deportistas!

Hoxe achegamos un reto que combina Matemáticas, Ciencias Sociais, Educación Artística e Educación Física. Trátase de facer un Reto de Orientación na casa. 

A orientación é unha disciplina deportiva que combina carreira no medio natural coa búsqueda balizas ou obxectos a atopar seguindo un circuíto no mapa e utilizando tamén un compás (brújula). Todo isto, no menor tempo posible. 

Qué es una Baliza? Carreras de orientación | Aventuras por las ...

Carrera de Orientación por parejas para los pequeños en Las Navas ...



Propoñemos que fagades un plano da vosa casa, aproximado, situando as zonas nas que imos agachar as balizas (obxectos a atopar) realizadas previamente por nós. 

Para crear as nosas balizas colleremos un folio e lápices de cores: 

1. Dobramos o folio en 8 partes. 


2. Recortamos: Teremos 8 balizas ou papeliños. 

3. Pintamos as balizas: Cor branco e laranxa. 

1 rectángulo = 2 triángulos





4. Por detrás, numeramos as balizas e escribimos algún algoritmo ou código matemático (o que queirades). 


5. Realizamos un plano aproximado da nosa casa ou espazo dispoñible. Podedes tamén colocar os puntos cardinais, descargando unha aplicación co móvil e situalos co plano orientado. Por exemplo: 




 Despois, tedes 2 opcións

a) Alguén vos esconde as balizas en zonas accesibles da casa e debuxa no plano as balizas para que as atopedes vós, escribindo o código de cada unha. 



b) Vós facedes todo o proceso: agachar, situar no plano, atopar as balizas e escribir os códigos. 

Seredes capaces de facer o percorrido das 8 balizas e anotar os códigos? Podedes cronometrar o tempo e enviar o reto. 

Saúdos deportistas! 




No hay comentarios:

Publicar un comentario