viernes, 8 de mayo de 2020

RETO 54: CREA O TEU XOGO


Bo día deportistas:

Hoxe propoñemos un Reto de eco-creatividade, é dicir, que diseñedes e creedes un xogo con material reutilizado. 

Eu, fai uns días, aproveitei unha tea vella para facer un xogo de lanzamento de puntería. Tamén podedes facer un "suavicesto", que xa utilizamos algunha vez nalgunha clase de Educación Física, utilizando e cortando (con axuda dun adulto) un bote de deterxente. 

Aquí van algunhas ideas de xogos ou instrumentos que podedes facer. 




Podedes facer un vídeo explicativo con demostración. 

Unha aperta deportistas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario