Bo día atletas:
Aproveitando que xa podemos saír, propoño que fagades un Reto sobre rodas. Podedes elixir segundo as vosas posibilidades:
Bicicleta
Monopatín ou Skate
Patíns
Patinete
Lembrade que a riqueza está na variedade, así que se tedes opcións de practicar varias modalidades, moito mellor para desenvolver o voso equilibrio dinámico.
Lembrade mellor poñer o casco ou proteccións, por seguridade.
No caso da bicicleta, podedes practicar a ver se sodes capaces de hinchar as rodas. E no caso dos patíns, a ver se sodes capaces de colocalos sen axuda.
Unha aperta ciclistas e patinadorxs!
No hay comentarios:
Publicar un comentario