Bo día atletas:
Estes días atopei este recurso dun profe de Educación Física que me pareceu bastante interesante, útil e motivante. Trátase do Reto "O teu nome en movemento", é dicir, un taboleiro co abecedario e cada letra ten asignada unha tarefa.
O obxectivo é facer o voso nome cos retos que vos corresponden, segundo as letras.
Podedes escribir as letras do voso nome en vertical. Ao carón de cada letra, escribir o reto correspondente e, despois, facer o voso nome en movemento.
Ánimo deportistas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario