Bo día pequen@s investigador@s:
Hoxe propoñemos un Reto de Xogos Tradicionais. Que enviedes un vídeo realizando algún xogo tradicional (xogos de sempre).
Podedes falar con alguén da vosa familia e preguntarlle a que xogaban cando eran pequenos.
A ver se sodes capaces de explicar en que consiste o xogo e facer unha pequena demostración.
Algunhas ideas de xogos tradicionais, poden ser:
1. Mariola, Truco, Avión.
2. Goma de saltar.
3. Tirachinas ou Tirapedras.
4. Buxaina ou Trompo.
5. Rá ou Rana.
6. O aro.
7. Canicas.
8. Chapas.
9. Petanca.
10. Chave.
11. Billarda ou estornela.
12. Carreira de sacos.
13. Zancos.
14. Tres en raia.
15. Bolos Celtas.
16. Tiro de corda.
17. Salto de corda.
18. Brilé ou Balón prisioneiro.
19. Escondite Inglés, Paloma Branca-Paloma negra.
20. Pies Quietos.
A moverse deportistas!
Lembrade facer algo de exercicio todos os días!
No hay comentarios:
Publicar un comentario