Bo día atletas:
Hoxe achegamos un Reto de hixiene e aseo, adaptado ás circunstancias actuais.
Como sabedes na área de Educación Física, antes de comezar a clase, temos que cambiar o calzado. E ao rematar, temos que cambiar a camiseta e o calzado.
Propoñemos que fagades no menor tempo posible o seguinte Reto:
POSICIÓN INICIAL: O alumno ou alumna terá postas 2 camisetas (para non quedar sen roupa) e terá preparada a mochila de educación física con outros tenis e a camiseta limpa para poñer ao finalizar a clase.
RETO: Facer no menor tempo posible, a seguinte secuencia de 10 movementos e, se queredes, cronometrar o tempo que tardades en:
1. Descalzarvos e colocar ben os tenis.
2. Sacar os outros tenis da mochila e poñelos.
3. Contar ata 30 facendo skipping (carreira no sitio).
4. Contar ata 30 facendo Jumping-Jacks (abro e pecho saltando).
5. Contar ata 20 facendo climber (correr coas mans no chan).
6. Quitar a 2ª camiseta posta.
7. Sacar da mochila a camiseta limpa e poñela.
8. Descalzarse e calzar os outros tenis.
9. Colocar todo dentro da mochila.

10. Coller a mochila e dicir "terminé", "rematei" ou "finished".
Seguro que rematades antes que nas sesións de Educación Física, que non hai "charla cos compañeir@s!
Unha aperta deportistas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario