Bo día deportistas!
Xa que moitos de vós estades enviando retos de habilidades acuáticas, podedes probar estas opcións:
OPCIÓN 1: RETOS DENTRO DA AUGA.
En Natación, podemos diferenciar diferentes habilidades.
As principais son:
1. SALTOS OU ZAMBULLIDAS.
2. FLOTACIÓN.
3. INMERSIÓN OU BUCEO.
4. RESPIRACIÓN.
Na natación, unha das habilidades que máis custa dominar é a respiración: xa que collemos aire pola boca e soltamos o aire polo nariz dentro da auga. A cousa se complica cando intentamos coordinar os brazos, as pernas e a respiración no estilo Crol, xa que ten que ser lateral.
5. PROPULSIÓN OU DESPRAZAMENTOS.
6. XIROS OU VOLTAS.
7. ESTILOS DE NATACIÓN: Crol, Espalda, Mariposa, Braza.
AQUÍ TEDES UN VÍDEO CON DIFERENTES EXERCICIOS E PROPOSTAS:
OPCIÓN 2: RETOS FÓRA DA AUGA:
EXERCICIOS DE FORZA PARA NADADORES/AS.
Tamén podedes practicar a respiración na bañeira da casa ou nunha tina de auga. Sempre con supervisión dunha persoa adulta.
Aperta deportistas!