Bo día pequen@s corremontes!
Hoxe achegamos 2 aplicacións móbiles que resultan interesantes para rexistrar unha sesión de exercicio físico, camiñando, en bicicleta ou correndo. Eso sí, temos que levar con nós o dispositivo móvil durante o percorrido.
OPCIÓN 1: RELIVE
Esta aplicación rexistra o percorrido que fixechemos e ao rematar aporta un vídeo aéreo do mesmo. Pódense engadir fotos do percorrido. Se pinchades no enlace, podedes obter máis información da aplicación.
OPCIÓN 2: STRAVA
Rexistra o percorrido e permite comparar os tempos con outros atletas que fixeron ese mesmo segmento ou percorrido nalgún momento.
Por exemplo, eu onte fixen un percorrido coa bici e esta é algunha información que nos pode aportar ao rematar a sesión:
Podedes intentar descargar a aplicación e grabar unha ruta ou paseo que fagades estos días.
Unha aperta!
No hay comentarios:
Publicar un comentario